Celébrase a gala Ari[t]mar nunha edición protagonizada por mulleres

0

Compostela, 27 de outubro do 2021 – O Auditorio de Galicia acolle esta tarde a gala aRi[t]mar Galiza e Portugal que chaga a sexta edición protagonizada por mulleres.

Ari[t]mar premia este ano ás cantantes Guadi Galego e Cláudia Pascoal e ás poetas Rosalía Fernández Rial e Márcia, nas categorías de mellor música e poesía galega a portuguesa do pasado ano, respectivamente. Un premio do que hai que destacar que outorgado polo público por medio de votacións.

A cerimonia, na que se lerán e cantarán os temas gañadores, está organizada pola Xunta de Galicia no marco do desenvolvemento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, tamén coñecida como Lei Valentín Paz Andrade.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu a rolda de prensa que acolleu hoxe o Pazo de San Roque para presentar esta gala “que nos lembra os estreitos vencellos que nos unen a Portugal e a facilidade que temos para comunicarnos co mundo lusófono desde o galego”, salientou.

Canda o representante de Cultura, Educación e Universidade participaron Rubén Prol, concelleiro de Educación, Xuventude e Políticas Lingüísticas; Gonzalo Constenla, director da EOI de Santiago; Guadi Galego, música e gañadora do premio á mellor canción en galego desta edición; Xosé Lago, subdirector da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Vicente Mohedado, copresentador da gala aRi[t]mar 2021.

Premios da música e poesía galego-portuguesa

A iniciativa aRi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural que busca afianzar os vínculos lingüísticos e culturais entre Galicia e o país veciño, divulgando a música e a poesía galego-portuguesa actuais. Conta co patrocinio da Xunta, da Deputación Provincial da Coruña, do Concello de Santiago, do Instituto Camões e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Ademais, tamén colaboran neste proxecto a Facultade de Filoloxía da USC, o Conservatorio Profesional de Música de  Santiago de Compostela, as EOI de Lugo e Pontevedra, o Centro Cultural Português de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português a través de Camões na Galiza.

Gañadores da gala 2021

Como cada ano, a escolla dos gañadores foi feita polo público xeral, galego e portugués, a través dunha votación en liña entre 10 cancións e poemas finalistas seleccionados previamente polo xurado do certame. Tras obter a participación máis alta de todas as edicións feitas ata o de agora, os catro premios levan, finalmente, nome de muller.

A canción gañadora en galego foi Cólico, do disco Costuras, de Guadi Galego; a escollida en portugués Quase Dança, do disco !, de Cláudia Pascoal. No ámbito da poesía o texto galego seleccionado polos votantes foi A reflexión, de Rosalía Fernández Rial, e o equivalente en portugués, O verão sabe-me bem, de Márcia. Pola súa banda, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para o escritor e xornalista madeirense José Viale Moutinho. Con este premio, o xurado quixo destacar a “labor de Viale como ponte entre Galicia e Portugal, impulsor do continuo lingüístico e cultural que representa a lusofonía como verdadeiro embaixador de Galicia en Portugal e de Portugal en Galicia”.

Os premios serán entregados nunha presentada por Vicente Mohedano e Lupe Blanco, no Auditorio de Galicia a partir das 20,30 horas. As entradas xa poden recollerse de balde ata encher a capacidade da sala a través do web de Compostela Cultura, preferentemente, e nos despachos de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Preguntoiro, 1) e do Auditorio de Galicia, aberto este último 1h antes do comezo da gala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial