Compostela, 11 de novembro do 2020 – . A décimo quinta edición do certame de relato curto que impulsa Alumni USC mantén aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro o prazo de presentación de orixinais.
Os traballos en lingua galega e de temática libre optarán a un premio de 500 euros. A convocatoria de Alumni USC está aberta ao público en xeral.

Imaxe de Free-Photos en Pixabay
O relato presentado deberá ter un máximo de sete páxinas en tamaño DIN A4, interlineado a dobre espazo e letra Times New Roman 12. Os orixinais enviaranse por correo certificado ao enderezo establecido na convocatoria ou a través do mail enviando a alumni@usc.es
O xurado estará composto por persoas entendidas na materia e poderá declarar deserto o premio sendo a súa decisión inapelable. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinado polo Hospital HM La Rosaleda.