Cespa continuará coidando dos espazos verdes de Compostela

0

Compostela, 29 de xuño do 2021 – A Xunta de Goberno Local de Santiago adxudicou o servizo de “mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo” a actual concesionaria, Cespa S.A.

Cespa ocuparase do traballo durante os próximos tres anos con posibilidade de ser prorrogado dous máis. A concesión faise por un importe de 3.774.712,34 euros anuais.

Na actualidade Compostela ten máis de dous millóns e medio de metros cadrados de zonas verdes, un millón máis que na última concesión.

Vehículos policía local

Tamén se adxudicou o contrato de “subministración de vehículos para a Policía Local de Santiago de Compostela mediante arrendamento con mantemento (renting): Lote 1: dous vehículos tipo turismo “UMK” (unidade móbil camuflada); Lote 2: Un vehículo tipo turismo; Lote 3: Un vehículo tipo todoterreo; Lote 4: Oito vehículos tipo monovolume”, a favor das empresas Grupivazgle S.L. cun importe de 66.720 euros para o lote I e Autos Iglesias, SL, que oferta un importe de 37.056 euros para o lote II; de 49.680 euros para o lote III e de 356.352 euros para o lote IV, sendo as súas ofertas as máis vantaxosas das presentadas.

Así mesmo Grupivazgle S.L compromete para o lote I un prezo/km de 0.078 euros polo abono dos quilómetros non consumidos durante o período de arrendamento respecto dos km/ano estimados para cada tipo de vehículo e un cargo/km de 0,00 euros polo exceso de quilómetros consumidos durante o período do arrendamento con respecto aos km/ano estimados para cada tipo de vehículo.

Pola súa banda, a empresa Autos Iglesias SL compromete para os lotes II, III e IV un prezo/km de 0.062 euros polo abono dos quilómetros non consumidos durante o período de arrendamento respecto dos km/ano estimados para cada tipo de vehículo e un cargo/km de 0,00 euros polo exceso de quilómetros consumidos durante o período do arrendamento con respecto aos km/ano estimados para cada tipo de vehículo. O contrato é por catro anos. As cantidades de referencia son sen IVE.

Por outra banda acordouse o sometemento da proposta actualizada de estrutura de custes do servizo de xestión do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros do termo municipal de Santiago de Compostela a información pública no Boletín Oficial da Coruña, por un prazo de 20 días hábiles. Transcorrido ese prazo sen recibir alegacións ao respecto remitirase á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial