Chanzo, Xacobe Martínez presenta en Ames un novo proxecto

0

Ames, 3 de novembro do 2021 – O baixista Xacobe Martínez Antelo presenta en Ames Chanzo, un novo proxecto en colaboración co artista urbano Nove Noel.

Xacobe engade Chanzo á lista de formacións nas que participa ou comanda, desde Sumrra ata o Xacobe Martínez trío ou a Orquesta Galega de Liberación, un dos máis recentes. En este caso a música servirá de inspiración ao traballo en vivo do muralista Nove Noel.

A cita con Chanzo será este xoves, cinco da tarde, na Casa da Cultura do Milladoiro. Xacobe contará na batería co inimitable LAR Legido,Alex Salgueiro estará nos teclados e Rubén Fernández na voz. A improvisación será protagonista e aliada durante todo o concerto.

A presenza da tecnoloxía nesta banda é constante, ten vida propia: baixos eléctricos, pedais, bucles, efectos, sintetizadores, teclados, frautas, radios antigas, móbiles…… elementos sonoros para crear música vangardista e orixinal. Ao mesmo tempo Nove Noel improvisará un mural, improvisación saída da improvisación.

A presentación no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro (Ames), e de entrada gratuíta. O concerto está financiado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, e conta co apoio do Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial