Charla en Ames sobre dano cerebral

0

Ames, 26 de outubro do 2021 – O concello de Ames organiza unha charla sobre o dano cerebral na semana se sensibilización sobre esta doenza.

A charla sobre dano cerebral adquirido terá lugar na Casa de Maiores do Milladoiro este mércores día 27 as sete da tarde.  O evento está organizado pola Asociación Sarela en colaboración co Departamento de Promoción da Saúde de Ames.

O concello ilumina a casa consistorial de azul hoxe martes, o igual que fixo onte luns, co obxectivo de facer fincapé na necesidade de traballar na prevención e na investigación desta enfermidade que cada ano afecta ao redor de 50.000 persoas en Galicia.

Alba Mouzo, terapeuta ocupacional da Asociación Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) será a encargada de impartir a charla que leva por título “Dano Cerebral”. Na xornada darase resposta a preguntas como que é o Ictus e cal é a súa primeira causa, que recursos especializados existen para tratalo e como previlo.

Como complemento a esta charla as Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro acolleron a exposición “Punto e seguido”, unha mostra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, protagonizada polos usuarios/as de distintas asociacións que se dedican ao coidado das persoas con dano cerebral en Santiago, Lugo e Ourense.

A concelleira de Sanidade e Benestar Social, Luísa Feijóo, amósase satisfeita coas accións que o seu departamento pon en marcha para concienciar á cidadanía “Coñecer a enfermidade, as súas consecuencias e os coidados que require, e tamén, na medida do posible insistir nos hábitos de vida saudable que poden previla, resulta imprescindible especialmente chegadas unhas idades; por iso eliximos a Casa dos Maiores para esta charla que, de seguro dará resposta a moitas destas cuestións”.

O departamento que dirixe Luísa Feijóo recomenda ademais o visionado dunha serie de traballos que reflicten o impacto e os coidados que esixe esta doenza. “Eu non son o meu dano cerebral”, “O coidado informal no dano cerebral”, “O mundo púxose o revés”, “Punto e Seguido, a vida despois do dano cerebral adquirido” e “Ictus, a principal causa do dano cerebral” son algúns dos títulos que tamén se proxectarán nas pantallas municipais instaladas no Concello e nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

Por outra banda, a concellaría de Benestar Social de Ames convida á veciñanza a participar no concurso “Mano en la cabeza” a través do que a “Federación Española de Daño Cerebral” pide á cidadanía subir fotos ou vídeos co cancelo #Día.Daño.Cerebral; as fotos deberán representar a persoas coa man na cabeza e o obxectivo é sumar accións que visibilicen a enfermidade. As persoas que participen antes do 26 de outubro entrarán no sorteo dunha colección de publicacións e guías FEDACE.

As actividades da semana de sensibilización do dano cerebral culminan o venres 29, Día Mundial do Ictus (que é a primeira causa do dano cerebral) coa recepción na compostelá Praza do Obradoiro a Christian Salamin, que peregrina desde Noruega para sensibilizar sobre a doenza. A concellaría que dirixe Luísa Feijóo tamén convida a cidadanía a participar nesta acción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial