Charla en Frades sobre as novas tarifas eléctricas

0

Frades, 29 de abril do 2021 – O Concello de Frades organiza unha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas, que será impartida por persoal técnico de Hidroeléctrica Lumymey.

A iniciativa terá lugar o xoves 13 de maio, ás 20:30 horas, no multiúsos de Frades. A asistencia é de balde, se ben o aforo está limitado por mor das medidas preventivas fronte á Covid-19 e é preciso inscrición previa no Concello (981 695 567) antes do 11 de maio.

O pasado mes de xaneiro, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia estableceu a metodoloxía para o cálculo das peaxes de transporte e distribución de electricidade, o que provocará un cambio nas tarifas actuais. Unhas novas tarifas que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xuño de 2021, segundo estableceu o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial