Chévere prepara unha peza sobre o Prestige para o Centro Dramático Nacional

0

Compostela, 25 de xuño do 2021 – Chevere traballa na estrea de N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha peza sobre a memoria da catástrofe do Prestige encargada polo Centro Dramático Nacional.

Será en setembro cando se estree en Madrid. N.E.V.E.R.M.O.R.E de Chévere servirá para abrir a tempada do Centro Dramático Nacional. A obra continuará o percorrido por Galicia pero estará limitada a teatros con tremoia e peite xa que a compañía precisa de caixa negra escénica para esta montaxe.

Desde Chévere explican que “Nevermore é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. Pero N.E.V.E.R.M.O.R.E. tamén podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos”.

Engaden que para a compañía ” N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que todo volvería ser coma antes”.

Chévere di que contar esta historia “é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial