Ciclo de cine Carlos Velo

0

Compostela, 10 de decembro do 2021 – O Ateneo de Santiago organiza desde o vindeiro luns o ciclo de cine Carlos Velo.

A mostra do Ateneo durara ata o día 21 e permitirá “coñecer en profundidade a obra deste cineasta tan importante para Galicia” en palabras do Decano de Xornalismo, e membro da directiva do Ateneo, Xosé Ramón Pousa.

O Ciclo iniciarase o luns, 13 de decembro, ás 19.30h cunha conferencia impartida polo Profesor de Comunicación Audiovisual da USC Fernando Redondo titulada «Carlos Velo no documental do século XX», a cal servirá ao público para situar a este gran documentalista e cineasta.

As proxeccións comezarán o martes 14, incidindo na «parte fundamentalmente documentalista de Carlos Velo», coa emisión da curtametraxe Galicia, onde se poderá gozar por vez primeira dunha reconstrución completa deste filme, «un dos documentos máis importantes sobre a Galicia da República». Ademais, o mesmo martes tamén se proxectarán outras dúas curtametraxes como son Almadrabas, «un documental premiadísimo sobre a técnica de captura do atún no Estreito de Xibraltar», e La tierra del chicle, unha cinta moi particular sobre a súa etapa en América.

A presentación desta primeira xornada correrá a cargo de Margarita Ledo Andión, cineasta que atopou en arquivos soviéticos e italianos 20 minutos, descoñecidos ata este momento, do documental Galicia.

O xoves 16 será a quenda de Torero, película que foi na época preseleccionada para os Óscar, onde se narra a vida de Luis Procuna, un toureiro mexicano moi importante durante os anos 40 e 50, e a cal será presentada polo crítico cinematográfico e profesor da Universidade de Vigo Miguel Anxo Fernández.

Para finalizar, o martes 21 presentarase Pedro Páramo, unha longametraxe que se proxectou no Festival de Cannes e que introducirá José María Paz Gago, Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña.

Todos os actos do Ciclo de cine Carlos Velo desenvolveranse na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a partir das 19.00h, a excepción da conferencia inaugural que terá lugar ás 19.30h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies