Colaboración entre a Estación Espacial Internacional e a USC

0

Compostela, 6 de maio do 2021 – A USC participará nun consorcio internacional que a comezos do 2022 formará parte da misión espacial Axiom na Estación Espacial Internacional.

O grupo Molecular  Pathology  of  Rare  Diseases, pertencente ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) da USC será quen leve a cabo esta colaboración baixo a dirección de Jesús Requena.

Requena explica que a misión ofrece grandes posibilidades á investigación “Levar ao espazo exterior na Estación Espacial Internacional o que aínda non se logrou na Terra ofrécenos oportunidades inmensas para avanzar no deseño racional de fármacos máis efectivos e dirixidos”.

O obxectivo e valorar as oportunidades de traballar cos prións en gravidade cero “O experimento  ZePrion comprobará se, en ausencia de gravidade, é posible obter unha proba de concepto con potencial farmacolóxico diverso a partir da proteína  priónica, a proteína precursora dos  prións, pero que non é infecciosa e permite traballar con ela sen ningún risco para a tripulación”.

A idea de base é un algoritmo de modelización molecular que permite identificar estados de pegamento intermedio das proteínas. Así, unha vez identificado este estado pódese facer un filtrado  in  silico para atopar agonistas das proteínas que ao unirse a este estado interfiren co pegamento e levan a proteína á súa destrución. A investigación, probada en proteínas priónicas, precursoras dos prións, ofrece un horizonte esperanzador non só neste campo senón para o desenvolvemento de fármacos en xeral.

Perigosas infeccións

O foco de investigación do equipo da USC é a bioquímica de  prións. Os  prións  PrPSc causan enfermidades neurodexenerativas letais e as encefalopatías esponxiformes transmisibles. Fixéronse famosos durante a crise europea da enfermidade das vacas tolas.

“O noso obxectivo é dilucidar a estrutura dos  prións  PrPSc que, na nosa opinión, teñen a clave para comprender como se propagan e deseñar  racionalmente os fármacos para combatelos”, apunta Jesús Requena. Este fito espacial permite ao grupo abrir novas posibilidades de investigación no campo dos  prións, unha liña que centra o seu traballo desde hai anos e que conseguiu ata o momento algúns resultados satisfactorios.

A misión Axiom, a primeira de carácter privado na historia da exploración espacial, integra a  submisión que dá soporte ao experimento do grupo da USC. Trátase da misión Rakia, 100% israelí na que, ademais da Fundación  Keren  Ramon como promotora, participan a Universidade de Tel Aviv, a empresa  SpacePharma e a Israel Creutzfedt-Jakob  Foundation. O Instituto CIBIO da universidade italiana de  Trento colabora tamén nesta iniciativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial