Comerciantes de Melide aclaran que nin “esixen” nin “se plantan” no tema do mercado dominical

0

Melide, 23 de xuño do 2021 – A Asociación de Empresarios Terra de Melide, ASETEM, ven de remitir un escrito o concello trasladando as opinións de comerciantes que participaron nun debate sobre o mercado dominical.

Os comerciantes queren deixar claro que ASETEM “nin esixe nin se plantou para recuperar a localización anterior do mercado dominical, simplemente comunica as opinións latentes entre o tecido empresarial no tocante a esta cuestión”.

O encontro foi proposto por un dos socios e acudiron 35 comerciantes, socios e non socios de ASETEM. A reunión, celebrada o pasado día 15, tiña como finalidade coñecer distintas opinións sobre a ubicación do mercado dominical.

A Asociación explica que tras o debate o organizador propuxo votar para saber cantos dos alí presentes estaban de acordo en que o mercado volvera a zona vella e no Cantón de San Roque. Esta ubicación era a usada antes do Covid pero proponse tamén que, de volver, se faga sen invadir as entradas das tendas, nin ocultar os escaparates ou evitar reducións considerables da vía pública que dificulten o tráfico dos viandantes). Nesta votación, saen 28 votos a favor.

Non obstante, dado que había varios comerciantes que non estaban de acordo con esta proposta decidiron votar unha segunda vez unha localización distinta. Trataríase en este caso de volver os postos á antiga localización enlazando pola Avenida de América, Rúa Galicia e Praza das Universidades. Nesta volta, foron 32 os votos a favor. Esta proposta é a mesma que ten formulado o Concello melidense para levar a cabo nos vindeiros meses, polo tanto, comerciantes e administración están de acordo na próxima localización do mercado.

Dende a Asociación de Empresarios da Terra de Melide enviouse un escrito ao Concello de Melide no que se recolle o sucedido na xuntanza entre os comerciantes de maneira detallada. ASETEM explica que “cremos que unha das nosas tarefas principais é informar e trasladar as necesidades e peticións dos comerciantes á administración local. Con esta nota de prensa queremos deixar claro que a asociación nin esixe nin se plantou para recuperar a localización anterior do mercado dominical, simplemente comunica as opinións latentes entre o tecido empresarial no tocante a esta cuestión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial