Comeza a campaña Arzúa, a túa tenda

0

Arzúa, 7 de xaneiro do 2021 –  O concello de Arzúa vén de asinar un convenio de colaboración coa AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa) para a xestión da campaña Arzúa, a túa tenda.

Trátase dunha iniciativa destinada a reactivar e fomentar a economía local mediante a emisión de bonos para o consumo no municipio.  Arzúa, a túa tenda ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento local e reducir os efectos da crise no sector comercial e hostaleiro.

O concello de Arzúa emitirá bonos por importe de 50 euros ( 30 euros será o custe de adquisición para os veciños e veciñas e 20 euros que sufragará o propio concello) para realizar compras directas nos establecementos que se adhiran á campaña.

As persoas do sector do comercio e da hostalaría do municipio interesados en participar na iniciativa  deben poñerse en contacto coa AECA para xestionar a súa adhesión. Como entidade colaboradora AECA xestionará as citadas subvencións e asesorará aos interesados na súa tramitación.

O concello de Arzúa e a AECA anunciarán a través da radio local e das súas respectivas redes sociais o momento no que a veciñanza de Arzúa poida comezar a adquirir, na sede da asociación de empresarios, as tarxetas bono para  gastar nos establecementos que se adhiran.

Arzúa, a túa tenda terá vixencia, en canto ao gastos dos bonos,  ata o día 12 de marzo de 2021 e será compatible co período de rebaixas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial