Comeza a inscrición para a XIII edición do Santiago(é)Tapas

0

Compostela, 29 de setembro do 2021 – Turismo de Santiago e Hostalaría Compostela veñen de abrir o prazo para a decimo terceira edición do Santiago(é)Tapas.

Ao mesmo tempo que o concurso de tapas celebrarase a segunda edición do Santiago(é)Cóctel. Ambos os dous certames terán lugar entre o 11 e o 28 de novembro.

A Asociación de Hostalería Compostela retoma así os concursos de tapas e cócteles que tiveron que ser suspendidos no 2020 por mor da pandemia.

Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago, sempre que estean en posesión das licencias oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin entre antes do 9 de outubro cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará a través do correo electrónico info@santiagoetapas.com ou do formulario que atoparán na páxina santiagoetapas.gal.

As bases destes dous concursos pódense consultar nesa mesma web.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial