Comeza a renovación do Campus Sur

0

Compostela, 30 de xuño do 2021 – Onte presentouse no Campus Sur o comezo da renovación dos bancos como primeiro paso da reforma que se levará a cabo na coñecida como “residencia”.

A praza de Rodríguez Cadarso foi o lugar elixido para falar das melloras que se acometerán no Campus Sur dentro do proxecto EDUSI. No acto participaron os concelleiros Mercedes Rosón, Sindo Guinarte e o reitor Antonio López.

En total, nesta primeira fase, vanse renovar 12 bancos na zona do estanque, na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez. É un primeiro paso que complementa o proxecto que sairá a licitación proximamente e que está enmarcado no programa Edusi-Revive Compostela, dotado con fondos europeos.

O obxectivo principal é revitalizar e rehabilitar o conxunto patrimonial, de valor histórico-artístico na cidade, así como contribuír á consolidación da presencia do Campus na cidade. Buscarase a reorganización dos espazos para tirar máis partido deles; mellorar mobilidade e accesibilidade; peonalizarase a zona central da residencia de estudantes; reordenaranse os usos dando preferencia ao tránsito peonil e buscarase a sostenibilidade no coidado de xardíns e especies vexetais.

A maiores destas actuacións prevese, dentro da EDUSI, a programación de actuacións complementarias no resto do ámbito do Campus que serían financiadas con fondos propios do Concello de Santiago, entre as que se atopa a renovación dos bancos da USC, realizada pola brigada de Obras do Concello de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial