Comeza o Camiño de Santiago por mar

0

Compostela, 15 de xullo do 2018 – Os primeiros peregrinos mariños da III Travesía Navega o Camiño soltaron amarras este sábado, ás 8:20 horas, desde o porto deportivo de Hondarribia.

Acompañados dunha lixeira brisa e cunha previsión de ventos  portantes, norte, nordés, puxéronse en camiño para completar 16 días de navegación, con parada en once portos de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia.  O párroco da ermida de Guadalupe, Lucio  Francesco  Saggioro, deu a bendición por radio ás trece embarcacións que tomaron a saída. O resto de barcos inscritos nesta terceira edición do Camiño de Santiago por mar iranse incorporando á travesía ao longo das restantes etapas.

Na tarde do venres a directora de Portos de Euskadi  EKPSA, Edurne  Egaña, selou as credenciais oficiais do Camiño de Santiago aos máis de 50 peregrinos, que festexaron o inicio desta aventura cun  marmitako de benvida nas instalacións do Club Náutico de Hondarribia.  Sail  The  Way está organizada por  Northmarinas e conta co patrocinio dos gobernos locais e autonómicos de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, ademais do apoio de empresas, como a multinacional española Repsol, patrocinador principal e de asociacións como  ANEN, a Asociación Nacional de Empresas Náuticas.

A III Travesía Navega o Camiño percorrerá dez etapas por mar e unha a pé, entre diferentes portos de Euskadi, Cantabria, Asturias ou Galicia e finalizar coa visita ao Apóstolo, na Catedral de Santiago, tras unha camiñada desde o Monte  do Gozo. A travesía pode facerse ao completo ou por etapas, sendo A Coruña o último porto de saída para obter a Compostela, mesma credencial que nas versións a pé, dacabalo ou en bicicleta. Os requisitos para conseguir o diploma oficial que certifica a realización da peregrinaxe, son completar polo menos 100 millas náuticas a vela saíndo dun dos portos da rede  Northmarinas e por suposto, completar a ruta a pé.

Nesta terceira edición do Camiño por mar, combinarase a navegación en etapas curtas, recalando cada día en porto, con visitas guiadas e actividades culturais nas localidades de escala. Hondarribia, O Abra- Getxo, Camargo, San Vicente de la Barquera, Xixón, Cudillero, Viveiro, Cedeira, A Coruña, Muxía, Muros e Santiago verán peregrinar por mar e terra a máis dun centenar de peregrinos-mariños, a bordo de case 30 embarcacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial