Comeza o Nadal en Compostela

0

Compostela, 3 de decembro do 2021 – O Nadal comeza este venres en Compostela co aceso das luces nun acto que se celbrará no Obradoiro.

Os concelleiros de Festas, Gonzalo Muiños, e o de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron esta semana as actividades dos seus departamentos para o Nadal.

Gonzalo Muíños avazou que, cun ollo posto na evolución da pandemia, recuperase a festa de Fin de Ano e a Cabalgata de Reis. Aínda nun escenario incerto “non queremos renunciar a celebrar estas festas porque é precisamente nestes momento cando é necesario facer un esforzo extra por manter aquelas cousas que nos fan felices e que poden contribuír a mellorar o noso estado de ánimo”.

A iluminación, presente en toda a cidade, estará en funcionamento ata o mércores 6 de xaneiro e completarase coa que realiza Turismo de Santiago nos persoaxes senlleiros presentes na Alameda ou en edificios representativos como a fachada de San Domingos de Bonaval, ou a da Casa da Conga.

Mercado de Nadal

Hoxe  arranca tamén o xa tradicional Mercado de Carreira do Conde ás 12.00 h. Durante as cinco quendas, composteláns e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 76 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño…).

O Mercado contará con decoración coidada e ambientación musical, e desenvolverase baixo as medidas de seguridade contra a Covid-19 precisas.

O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación musical. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral. A programación iniciarase o domingo 5 de decembro co artista Pulpiño Viascón. O mércores 8 actuarán Os Tiruleiros. O sábado 11 poderá desfrutarse do espectáculo de Cé Orquestra. O sábado seguinte, día 18, animará o Mercado o espectáculo de O Cego na Feira e o domingo 19 o grupo Vamosindo. Fará o propio, o sábado 26, o Trío Par e, finalmente, para o día 30 está programada a actuación de Troula Animación. Todas estas actividades desenvolveranse a partir das 19.00 h.

Autocine

Este Nadal tamén volve o autocine. Do 26 ao 30 de decembro con entrada gratuíta, previa reserva de na web autocine.gal, dende o 21 de decembro de 2021. As películas previstas son no caso do úblico familiar: Los Croods 2, O Xinete do Dragón, Trolls 2, Padre no hay más que uno 2, Pinocchio. E para o público adulto: Cando o mundo acabe, seguireite amando; Doentes; O noso último verán en Escocia; El Camino; e Un amor por descubir.

Apego

O sábado 11, no Auditorio de Galicia, terá lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela. A xa tradicional Festa do Apego convértese desta volta en Festival, cun elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo que conformarán un espectáculo inédito que amosa a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas.

O espectáculo, que é de balde e cunha duración aproximada dunha hora (desde as 17.30 h), requirirá de retirada de entrada na semana previa en compostelacultura.gal para a asistencia presencial, mais tamén poderá seguirse ao vivo nas canles de Youtube do Concello e do Departamento de Lingua Galega ou nalgúns espectáculos mediante inscrición a través do formulario dispoñible na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.gal

.Ademais

O Nadal sobre rodas: un precioso autobús inglés de dous pisos de Nadal sobre rodas percorrerá as diferentes rúas e prazas da cidade con divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela.

Unha rúa de conto: o quebranoces en alfredo brañas!

O Quebranoces aterra en Alfredo Brañas durante estas festas para ambientar e embelecer a rúa e facer soñar aos paseantes a través de entrañables sorpresas relacionadas coa lendaria composición.

Non faltarán o espectacular Belén de San Fiz de Solovio e unha carreira de San Silvestre tamén adaptada ás actuais circunstancias.

Fin de Ano

Tamén este ano haberá festas de Fin de Ano amenizada pola Orquestra París de Noia, que actuará na praza do Obradoiro a partir das 22.30 horas. Segundo indicou o concelleiro, en función da evolución da pandemia e das instrucións ditadas pola autoridade sanitaria se permitirá un determinado aforo. O que si concretou é que non será preciso reservar.

Reis Magos

Imaxe de arquivo

Estes Nadal haberá Cabalgata e recepción. Os nenos e nenas de Compostela terán a oportunidade de entregarlle persoalmente aos Reis Magos de Oriente as súas cartas nunha recepción que terá lugar tamén este ano na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Este máxico encontro será o propio día 5 de 11.30 h a 13.30 h e de 19.30 h a 22.30 h.

Será preciso retira as entradas entradas.ataquilla.com desde o día 28 de decembro.

Este ano haberá cabagata, que sairá ás 16.30 h da praza da Mercé de Conxo e percorrerá a avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, república do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, Vilar, praza de Praterías, Fonseca e praza do Obraodiro. Na praza saudarán á Corporación e sairán ao balcón para saudar tamén os nenos e nenas, antes de partir novamente para San Domingos de Bonaval a recibir as cartas dos pequenos da casa.

Turismo de Santiago

Turismo de Santiago desenvolverá unha ampla variedade de accións para poñer en valor o Nadal da capital galega como atractivo turístico

Unha das principais accións é a ruta “Luces e Voces da Alameda compostelá”, un singular percorrido polo parque da Alameda, destacando os personaxes senlleiros e outros fitos da historia de Santiago e Galicia presentes neste xardín emblemático. Os puntos da ruta serán obxecto de intervencións de luz e cor dende mañá, 3 de decembro e ata o domingo 9 de xaneiro, todos os seráns a partires das 18.00 horas. Contará, ademais, cun folleto-plano dispoñible na oficina central de Turismo de Santiago e tamén na web www.santiagoturismo.gal/nadal, onde se poderá consultar toda a información sobre o Nadal en Santiago.

Cartaz do apalpador, imaxe de arquivo

O percorrido comprende ata 13 puntos iluminados: a entrada principal da Alameda en Porta Faxeira; as esculturas das Marías, Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo; o Banco dos namorados; a estatua da Leiteira; a fonte “romántica”; o monumento a Rosalía de Castro; a talla de Federico García Lorca; o monumento a Pais Lapido-“Alegoría de Galicia”; o Pavillón de Recreo (Escola Infantil de Santa Susana), de Antonio Palacios; a escultura de homenaxe a Castelao e a Igrexa de Santa Susana.

Outra das accións máis salientables é a que se levará a cabo na Casa da Conga, na Praza da Quintana. Neste lugar, faranse proxeccións de ilustracións de novos creadores galegos. Serán un total de 9 profesionais da ilustración os que amosen a súa obra neste escaparate de excepción ao carón da Porta Santa. Os artistas seleccionados, que se dividirán este ano en tres quendas distintas son: Sr. Reny, Bea Lema, Hei Castro, Nuria Díaz, Iván R., David Pintor , María Viñas, Chachachá Estudio e Jano Ilustración. Turismo de Santiago tamén iluminará a fachada doutro edificio crucial e de especial significación para a cidade e para toda Galicia: San Domingos de Bonaval. Da a casualidade que estas accións fanse en edificios asinados polo arquitecto Domingo de Andrade, xusto no ano no que se lle adica o Día das Artes Galegas.

Ademais, Turismo de Santiago posibilita un ano máis o Belén Tradicional da igrexa románica de San Fiz de Solovio, que este ano se enriquece con 150 figuras a maiores, dos anos 50, polo que se achega ás 500 figuras, todas feitas a man. Este nacemento é cedido e montado cada ano por José Uzal, e inclúen diferentes escenas, pezas en movemento e tamén iluminación e son, ademais de efectos especiais cos que nos sorprende o belenista cada ano (néboa, tronos, etc.). O Belén poderá visitarse do 3 de decembro ata despois de Reis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial