Compostela, 30 de novembro do 2020 – O Outono Códax Festival comezou o pasado sábado no Auditorio de Galicia e hoxe abre a súa edición en liña.

Imaxes do concerto do pasado sábado, cedidas polo Outono Códax Festival
Este ano o Códax Festival chegará, en certo modo, a máis xente. 48 horas despois de cada evento, os que se rexistren na páxina de Martín Códax, poderán ver o concerto en liña. Hoxe será a inauguración, de esa parte virtual, con Josele Santiago e The Limbos que o sábado abrían a cita, ante 30 privilexiados, no Auditorio de Galicia.

Imaxes do concerto do pasado sábado, cedidas polo Outono Códax Festival
Ao mesmo tempo a organización segue atenta a todo o que suceda e as normas que as autoridades sanitarias vaian indicando.

Imaxes do concerto do pasado sábado, cedidas polo Outono Códax Festival
Unha edición especial
Falamos con Fran Villasenin, un dos organizadores, quen nos contou que este ano tiveron que preparar dous festivais. Pese as dificultades o resultado é moi satisfactorio

Fran Villasenin
O máis complexo de esta edición foi buscar os espazos. Co campo base, a sala Capitol, pechado o Codax Festival optou por outros recintos pero cada semana é unha incognita. O próximo sábado o enigmático Tito Ramirez actuará no Hotel NH pero é tan só unha previsión
Esta é case que unha edición 9½ polo que esperan poder celebrar o décimo aniversario o próximo ano. O cartel, que xa estaba pechado, era do mellor dos últimos anos e iso, co historial do Codax Festival, é moito dicir

Fran Villasenin
Nun escenario tan cambiante todo pode pasar así que o mellor é estar atentos a todo o que suceda. O aforo dos próximos concertos pode aumentar e o mesmo pode suceder coas distintas actividades que teñen preparadas.
O tedes todo no artigo que publicamos o pasado 20 de novembro e tamén tedes as redes do Códax Festival: Facebook , Twitter e Instagram

Imaxes do concerto do pasado sábado, cedidas polo Outono Codax Festival