Comeza o XX Festival de teatro Afeccionado Agustín Magán

0

Compostela, 17 de setembro do 2021 – A Federación Galega de Teatro Amador, FEGATEA, organiza en Compostela a vixésima edición do Festival de teatro Afeccionado Agustín Magán.

Desde hoxe venres 17 e ata o vindeiro 3 de outubro pasarán pola cidade compañías de teatro afeccionado de toda Galicia. As funcións terán lugar no Teatro Principal, na Sala Magán do CSC, de Sta. Marta e no Salón Teatro.

A comunidade galega de teatro afeccionado é unha das maiores do territorio español. A Federación Galega de Teatro Afeccionado está formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias, constituídos por máis de 600 persoas. .

Para rematar as actividades desta vixésima edición levarase a cabo o día 3 de outubro a partir das 19.30, no Salón Teatro unha homenaxe ao persoeiro do teatro amador que lle dá nome ao Festival de Teatro Afeccionado, Agustín Magán. Na homenaxe participará a súa familia, e membros do grupo que formou e dirixiu durante tantos anos, Ditea, así como distintas persoas representantes das administracións que veñen apoiando a traxectoria da Fegatea e do Festival nestas dúas décadas de actividade.

Programación

Os espectáculos terán lugar os días 17, 18 e 19 no Teatro Principal, onde se poñerán en escea as obras ‘ Lisístrata’ de  Teatrino; ‘Carolina  Ultrasónica’, de paso de Valverde; e ‘Dominou Celeste  ou Que  vai ser de ti Ernesto!’, de Teatro  Escoitade. 

Pola súa banda, a Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá o día 24 ‘Confinade@s’, de  Tequerreté; e o día 25 ‘ Facendo  as  partixas’, de  Axóuxere Teatro.

Finalmente no Salón teatro, os días 1, 2 e 3 de outubro, sairán a escea ‘Olimpo’s’ de FarandOleiras Cabaret; ‘A derradeira bala’, de Farándula Velutina; e ‘Xacovedra’, de Andaravía Teatro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial