Comeza un Outono Códax con sabor «cajún»

0

Compostela, 11 de novembro do 2021 – Judith Hill abre esta noite o Outono Códax Festival no Auditorio de Galicia, dedicado en esta edición a Nova Orleáns.

Unha edición especial que chega despois dun ano de aforos restrinxidos. Unha edición na que entre outras actividades a comida «cajún», típica de Nova Orleans, terá unhas xornadas no Riquela, na Carrilana e no Flamingo. Charlas sobre esa cidade e moita música completan un excelente cartel.

Judith Hill

Un dos organizadores, Martín Calviño, móstrase ledo de volver e explica o complicado que resulta programar sen saber anta ente poderá asistir, é unha aposta que en este caso saíu ben

Podes repasar todo o publicado nos últimos anos sobre o festival aquí

O Códax Festival ábrese no Auditorio de Galicia, un espazo co que se comezou a traballar no 2020 e que deixou un bo sabor de boca. Non ten en certo modo a liberdade da Capitol pero a excelente acústica compensa esa eiva

Tedes toda a programación na súa páxina web

O Outono Códax ten sempre anécdotas é, en moitos casos, teñen como protagonista a Martín Calviño. El encárgase de moitas das negociacións cos artistas e levaba varios anos cruzándose correos con Aurora Neland. No 2019 viaxou a Nova Orleans e nada máis entrar no hotel cruzouse con ela e saudouna, comezou así unha amizade que remata co seu primeiro concerto en España no Outono Códax

O reverendo Shawn Amos no 2019

De todo o festival Martín déixanos a súa recomendación, tres días moi intensos en decembro nos que Compostela será un pouco Nova Orleans

O Outono Códax chegou no 2020 aos dez anos aínda que esa cifra redonda celébrase en certo modo en esta edición. Hoxe ábrese no mes 11 e no día 11 a edición número 11 dun festival único na península ibérica e que cada ano acada máis seguidores.  

Ray Gelato no 2014

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial