Comezan as obras da Vía Verde Santiago Cerceda

0

Oroso, 16 de xullo do 2021 – Este xoves deron comezo as obras da Vía Verde Santiago Cerceda, a primeira da provincia da Coruña e a segunda de Galicia.

O Presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou, xunto co alcalde de Oroso, Luís Rey, o inicio dos traballos da Vía Verde que contan cun orzamento de 572.420 euros. O orzamento total do proxecto alcanza os 1,5 millóns de euros cofinanciados polo ente provincial e os fondos europeos FEDER.

Esta actuación permitirá crear un novo itinerario que poderá ser usado por ciclistas e camiñantes, habilitando unha plataforma adecuada para este fin, construíndo elementos de contención de noiros, varandas de protección e instalando a sinalización imprescindible para a identificación do percorrido así como a prohibitiva e normativa, incidindo na destinada a regular o paso nas interseccións.

Os outros dous tramos da Vía Verde, o de Ordes e o de Cerceda-Tordoia, foron xa adxudicados por 396.811,79 euros e 523.671,38 euros, respectivamente, polo que os traballos darán comezo proximamente e o prazo de execución para todos é de 10 meses.

González Formoso destacou que a ruta, que discorrerá polas antigas vías do ferrocarril, terá “unha labor dinamizadora, converténdose nunha zona de tránsito de xente de distintas procedencias e comunicando cinco concellos coa capital de Galicia”

Formoso engadiu unha referencia ao ex alcalde Manuel Mirás, impulsor da Vía Verde desde hai máis de quince anos,  “houbo que facer un traballo enorme polo ex alcalde de Oroso, Manuel Mirás, para a cesión destos espazos aos que agora se lles dará unha nova vida cumprindo unha labor dinamizadora, converténdose nunha zona de tránsito de xente de distintas procedencias e comunicando cinco concellos coa capital de Galicia”.

Pola súa parte, Luis Rey explicou que para Oroso a Vía Verde significará “un impulso no eido económico e incluso no medio ambiental e no deportivo, que suporá un engadido para o desenvolvemento do municipio” e agradeceu á Deputación “por involucrarase tanto neste proxecto” e a Manuel Mirás “que foi o impulsor desta idea, pola que tanto pelexou”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial