Compostela acolle a mostra José Afonso, Xeografías dunha vida

0

Compostela, 16 de outubro do 2020 – O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a exposición didáctica José Afonso, Xeografías dunha vida con fotografías e documentos do músico portugués.

A exposición forma parte do traballo da Asociación José Afonso, AJA, para difundir a obra do Zeca en Galicia e foi concibida como unha primeira aproximación a súa vida e as influencias musicais e reivindicativas do seu periplo de Aveiro a Angola e Mozambique (África) e de Belmonte a Coimbra e Setúbal (Portugal).

Compostela acolle a mostra José Afonso, Xeografías dunha vidaOs paneis desta mostra, que xa visitaron diversas vilas e cidades de Portugal, chegan por vez primeira a Galicia coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.

Compostela acolle a mostra José Afonso, Xeografías dunha vidaDeste xeito, a AJA-Galiza reprogramou actividades previstas para a semana do 25 de abril de 2020 no seu compromiso coa cultura, coa reivindicación social e coa difusión do legado de José Afonso, que estaban organizadas xunto coa Gentalha do Pichel e coa colaboración da Deputación da Coruña, e que tiveron que ser adaptadas a formato online por mor das medidas de confinamento sanitario para a prevención da pandemia da covid-19 mentres que outras ficaron adiadas, mais non canceladas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial