Compostela acolle o encontro SiSons que reunirá a expertos do sector cultural e musical

0

Compostela, 19 de outubro do 2021 – Desde este xoves celébrase en Compostela o encontro de creadores culturais SiSons en Clave Musical.

O evento contará con charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas desde o 21 oa 24. SiSons desenvolverase en distintos espazos da cidade, entre eles os centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e o Castiñeiriño. O encontro foi presentado pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o organizador, José Francisco Saavedra.

Mercedes Rosón explicou que SiSons xorde no marco das axudas ás entidades culturais do seu departamento e “é froito da colaboración entre distintas entidades tanto públicas como privadas”. Está organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro; e nela colabora o Concello de Santiago a través da concellaría de Acción Cultural, a Deputación da Coruña, e a Xunta, entre outros patrocinadores. Mercedes Rosón sinalou que esta cita se une “ao Ateneo Barroco, que finaliza o próximo día 22. Sen dúbida, podemos dicir que esta é a semana da música en Compostela”.

O organizador do evento, José Francisco Saavedra, agradeceu o apoio municipal e lembrou que “despois da situación vivida, o sector cultural sufriu as peores consecuencias que ocasionou esta crise; unha diminución drástica que se notou tanto nas actividades culturais, como nos ingresos. En calquera caso, o sector amosou unha grande madurez e rigor profesional, nun contexto complexo e en circunstancias moi difíciles, implementando todos os protocolos de saúde e confirmando que a cultura é segura”.

Programación

Neste encontro de profesionais haberá música en directo tanto para eles como para os asistentes. “Creamos un novo formato que ten como obxectivo principal a dinamización da vida cultural e a promoción das actividades musicais e artísticas” e engadiu que “mirando cara o futuro con esperanza e ilusión, vislumbramos a necesidade de relanzar o sector cultural a través deste Enclave Musical en Santiago de Compostela, no que xuntamos un elenco de profesionais e artistas para dar os primeiros pasos nun proxecto de diálogo, creación de novas formas de difusión e impulso da música galega”.

O programa completo, que tamén se desenvolverá no auditorio do Colexio La Salle e no espazo de San Roque da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, pode consultarse na web, onde tamén se poden realizar as inscricións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial