Compostela, 1 de outubro do 2019 – O Ateneo de Santiago abre as portas do seu novo proxecto, Ateneo Barroco, cunha sesión na que se mesturan 50 anos de historia do cinema e a arpa do compostelán Manuel Vilas.
A partir das oito da tarde, na sede de Afundación na rúa do Vilar, Vilas presenta un proxecto único como estrea do Ateneo Barroco. En esta singular proposta a arpa serve de vehículo de transporte para un “travelling” ao longo de 50 anos de historia do cinema; este documental creado en directo ilustra a presenza da arpa no cine clásico (dende as arpas do antigo Exipto até as modernas arpas de pedais).

Manuel Vilas
A xornada de este martes forma parte dun mini ciclo denominado “Cinema, doc, música”. A seguinte cita será o mércores, no mesmo lugar pero a partir das seis e media da tarde, cunha dobre sesión de documentais musicais. Proxectaranse sucesivamente documentos audiovisuais que, con Londres como lugar común, están dedicados á obra de dúas das máis salientables figuras do Barroco e da historia da música, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Haendel.
Ateneo Barroco
Este novo Festival de música para Santiago de Compostela é unha iniciativa do Ateneo de Santiago, incluído no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e patrocinado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, ademais de contar coa colaboración da Universidade de Santiago
A venda de abonos e entradas para os 5 concertos do festival esta aberta na sede de Afundación na rúa do Vilar, 19, e na web https://entradas.ataquilla.com. O programa completo pódese consultar na páxina https://festivalateneobarroco.gal.