O Ateneo convoca o Premio Xornalístico Alfredo Vicenti 2020

1

Compostela, 15 de abril do 2020 – O Ateneo de Santiago ven de publicar na súa páxina web a convocatoria do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2020, creado pola entidade no 2018.

O Premio Xornalístico Alfredo Vicenti naceu para homenaxear ao xornalista compostelán. Os traballos deberán contribuír a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. O Premio está dotado con 1.000€ e unha escultura da figura de Alfredo Vicenti

Para participar, as persoas deberán ter o xornalismo como principal medio de vida e ser autoras dos traballos presentados, os cales se han de remitir, xunto ao formulario de inscrición, ao enderezo postal do Ateneo de Santiago, sito na Praza de Salvador Parga, 4-2º. O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 20 horas do día 31 de outubro e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Na pasada edición o galardón recaeu na xornalista Montserrat Dopico González pola súa entrevista á investigadora da Universidade da Coruña Belén Fernández Suárez (Praza Pública, 16/8/2019). A premiada xunto a representantes do Ateneo de Santiago, unha Organización Profesional de Xornalistas, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e as institucións patrocinadoras serán nesta ocasión os membros do xurado encargados de seleccionar ao gañador do Premio Alfredo Vicenti 2020.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial