Compostela, 31 de marzo 2020 – O concello de Santiago destina cerca de 60.000 euros máis por semana, a axuda social, dos que destinaba antes da crise.
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo explica que en moitos casos son familias que se quedaron sen dereito a prestación. Esta axuda social chega ademais a todos os barrios da cidade e calculan que terá que manterse cando se levante a corentena
Petición de colaboración cidadá
O alcalde explicou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, que ten as súas reservas sobre as accións dos voluntarios xa que en moitos casos non teñen preparación nin equipamento. Con todo lembrou que o que si se pode facer e chamar por teléfono a quen vive só e en todo caso o 010 está funcionando para axudar

Fontiñas. un dos barrios con numerosas familias recibindo axudas
Os reincidentes que incumpren a corentena ao xulgado
Bugallo tamén advertiu do endurecemento das medidas contra os que incumpran o confinamento. Malia non ser moitos os casos si hai reincidentes para os que está previsto, desde este luns, que sexan levados ao xulgado de garda e sometidos a xuizos rápidos
Suspensión de obras
Ademais, Sánchez Bugallo anunciou que as obras municipais quedan paralizadas. Unicamente permanecerá activo un retén para conservación e mantemento da Brigada de Vías e Obras e outro retén da empresa responsable da conservación de pavimentos das calzadas.
Velorios e funerais
Finalmente, recollendo o disposto no novo decreto do Ministerio de Sanidade publicado onte luns, o Concello aplicará o disposto nesta norma en relación a funerais e velorios, con maiores restricións que as impostas no seu día polo propio Concello. Así, o decreto só autoriza tres persoas en tanatorios e funerais.