Compostela presenta o borrador de orzamentos para o 2017 (audios dos portavoces)

0

Compostela, 28 de decembro do 2016 – A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou o borrador que o Goberno local elaborou para os orzamentos de 2017. Según explicou “Trátase dun proxecto coral resultado de varias xuntanzas e conversas cos partidos da oposición, nomeadamente BNG e PSOE”.

SONY DSC

As contas, tal e como explicou a concelleira, ascenden a 102,7 millóns de euros e “son expansivas, participativas e cun marcado carácter ecosocial”. Este borrador xa foi trasladado aos grupos da oposición para que tiveran coñecemento do documento en primeiro lugar. “Froito do proceso de diálogo coa oposición”, engadiu Rozas, “incorporamos 22 propostas do BNG e 16 mocións aprobadas en Pleno, das cales 7 foron presentadas polo PSOE, 6 polo BNG e 3 polo PP”.

No documento orzamentario proposto polo Goberno para o 2017 consolídanse as dúas grandes apostas do vixente exercicio: as políticas sociais e o mantemento e reequilibrio territorial, ao mesmo tempo que se suman outros dous eixos: a Compostela verde e a Compostela cultural.

Investimentos ecosociais
A partida en investimentos suma un total de 10.044.065,30 euros que se destinarán, fundamentalmente, aos proxectos resultantes do proceso de orzamentos participativos e da EDUSI, cuxos proxectos foron consensuados cos grupos da oposición mediante a enquisa de priorización enviada. María Rozas indicaba cales son os principais puntos de ese capitulo.

Psoe

Paco Reyes explicou que trátase dun primeiro paso que terá que ser estudado entes de facer unha valoración completa e de aportar algunha proposta

BNG

Rubén Cela falor de claroscuros para definir os orzamentos e desgranou que cousas consideran positivas e que votan en falta

PP

Pola súa parte Agustín Hernández destacou o bo talante das reunións mantidas pero dixo que ainda que a música a priori soe ben terán que examinalos para poder facer unha valoración completa dos orzamentos

Tódolos grupos da oposición insistiron tamén en que son uns orzamentos que chegan tarde xa que será imposible aprobalos antes de que remate o ano tal e como marca a lei.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial