Compostela vixiará a calidade do aire grazas ao proxecto Trafair

0

Compostela, 24 de xaneiro do 2020 – O concello de Santiago instalará, grazas ao proxecto europeo Trafair, 10 sensores de calidade do aire en zonas de tráfico intenso.

Trafair

Trafair (Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality) é un proxecto europeo no que participan o Concello de Santiago de Compostela, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a USC (Universidade de Santiago de Compostela) xunto a otros seis socios comunitarios.

O seu obxectivo é estudar a calidade do aire en función das condicións climatolóxicas e do tráfico rodado. Os resultados que se acaden permitirán ás administracións ter datos que permitan cuantificar a polución no aire e o xeito en que se distribúe polas cidades; e adoptar as medidas necesarias para diminuír dito impacto. Ao mesmo tempo, permite concienciar a cidadanía e as institucións públicas sobre a calidade do aire que respiramos.

Compostela proxecto TrafairUnha concienciación máis que necesaria, xa que segundo os datos da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), que lembrou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo na súa intervención, en España prodúcense 10.000 mortes ao ano por contaminación do aire. Unha cifra que supera, por exemplo, aos falecementos en accidentes de tráfico, que ascenderon en 2019 a 1.700 persoas. Neste momento, os impactos ambientais do tráfico tamén son unha gran preocupación en moitas áreas metropolitanas europeas. A contaminación do aire provoca 400.000 mortes cada ano, converténdose na primeira causa ambiental de morte prematura en Europa.

TRAFAIR conta cun orzamento de 2.197.530 euros. O 75% finánciase con fondos FEDER, e o resto apórtano os 9 socios participantes: a Universidade de Módena e Reggio Emilia, a Universidade de Florencia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Módena, a rexión da Toscana, o Concello de Santiago de Compostela, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), a Universidade de Zaragoza, e Lepida SpA.

No caso do concello de Santiago percibirá 126.795 euros de fondos europeos para desenvolver TRAFAIR, aos que hai que sumar a súa aportación de 42.265 euros. En total, destinará ao proxecto 169.060 euros.

A esta cifra súmase ás cantidades da USC e do CESGA, tamén socios do proxecto, que en total ascenden a 240.750 euros no caso da universidade, e a 129.470, no caso do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia. O proxecto TRAFAIR finalizará o próximo 31 de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial