Compostela, 30 de xullo do 2020 – Compostela celebrará Curtocircuito do 3 ao 11 de outubro próximos e abre a convocatoria de filmes que aspiren a participar.
Trátase dunha convocatoria especial (aberta a través da web shortfilmdepot ) marcada polas circunstancias do Covid 19 e Curtocircuito a pechará o 10 de agosto, pouco máis de 10 días. A pandemia determina tamén o formato do Festival que será máis reducido e combinando programación online con eventos puntuais.
A celebración de estes eventos presenciais quedará condicionada á situación sanitaria do momento. A organización amosa ademais a súa solidariedade con todos os eventos culturais que, polas circunstancias actuais, non puideron celebrarse tal e como estaba previsto.
Curtocircuito chega en este ano tan especial á décimo sétima edición. Mantén as catro seccións competitivas tradicionais: Radar, Explora, Planeta GZ e Penínsulas, co obxectivo de preservar a esencia do evento. O Festival desvelará máis contidos da súa programación nas próximas semanas. Curtocircuito está organizado polo Concello de Santiago e conta co apoio da Deputación da Coruña, o Consorcio de Santiago e a AGADIC.