Manitas crocantes de Casa dos Xacobes gaña o Santiago é Tapas 2019

0

Compostela, 18 de decembro do 2019 – Manitas crocantes de Casa dos Xacobes foi a tapa mellor valorada do Santiago é Tapas e representará a cidade no concurso De Tapas por Galicia no que compiten os gañadores das sete grandes cidades da comunidade.

Manitas Crocantes foi a que acadou a maior puntuación ao gañar, na categoría tradicional, tanto o premio do público como o do xurado do santiago é Tapas. No caso das tapas creativas o premio do público foi para Lacon con Grelos de Artesana. Os premios do xurado foron os seguintes:

Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Coci-Dillo’, de Xuntanza.

Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Mexillón viaxeiro’, de A Viaxe.

Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Criollo marino’, de O Ferro.

Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes.

Ademais otorgouse un premio a mellor maridaxe con Mahou que recibe un diploma, unha figura, 500 euros en produto e un showcooking nun evento Mahou. O gañador foi a ‘Empanada líquida de bonito de Burela’, de Lume.

Santiago é Cóctel

 Onte entregáronse tamén os premios do Santiago é Cóctel na súa primeira edición. os gañadores foron:

Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘Expreso Martini’, de A Carrilana.

Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘A kind of magic’, de Pub Atlántico.

Unha noite no CGAC

O salón de actos do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) acolleu a gala de entrega de premios. O acto foi conducido polo actor Federico Pérez, perante dunha nutrida representación da hostalaría compostelá. Tamén asistiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e outros membros da súa directiva.

En total, durante os quince días que duraron os concursos repartíronse máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 20.000 válidos.

Ademais dos galardóns, os chefs dos dez locais que participaron na final do concurso celebrada do 6 ao 8 de decembro, recibiron como agasallo un mandil oficial do XII Santiago(é)Tapas. Estes foron: A Maceta, A Viaxe, ACDC, Artesana, Bar Suso, Casa dos Xacobes, La Bodeguilla de Santa Marta, Lume, O Ferro e Xuntanza. 

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 109 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago, organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboraron Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq.

O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela, que nesta primeira edición contou con 25 cócteles participantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial