займ срочно

Volve o san Xoán a Mazarelos

0

Compostela, 22 de xuño do 2022 – O Festival de san Xoán volve a Praza de Mazarelos de Compostela despois de dous anos de ausencia pola pandemia.

O festival foi presentado no concello polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. O Festival celebrarase a partir das cinco da tarde co obxectivo de por en valor a tradición de San Xoán na cidade.

A celebración é o centro da gran cantidade de cacharelas que se organizan por toda Compostela. Por esta razón o “Tren cacharelo” percorrerá de 17.00 a 22.00 os barrios onde se celebran algúns dos lumes con máis tradición do Concello.

O progrma de actividades, todas de balde, comeza as cinco da tarde cun Obradoiro de Pandeireta e Percusión Tradicional e outro de Danzas Tradicionais, e durará ata as seis.

De 18.15 a 19.15 haberá un Taller de Canto, Aturuxos, Percusión e Chascarraschás e outro de Baile Galego. E dende as 19.20 ata as 21.00 organizaranse Obradoiros de Ramiños de Herbas de San Xoán cada 30 minutos.

Tamén haberá dúas Rutas de Recollida de Herbas de San Xoán, paseos de contido botánico que percorrerán a contorna das Brañas do Sar na busca das sete herbas de San Xoán.

Na praza haberá tamén un espazo específico para a cativada, o “Espazo Palleiro”, repartirase de balde “Auga máxica de San Xoán”, ademais doutras novidades.

A partires das nove da noite haberá un concerto de Xurxo Fernandes, que ás 22.00 dará paso ao Conxuro e unha Degustación de Queimada, para pechar a festa a partires das once da noite cun concerto de CRNDS + Fransy.

Para asegurar a praza nas distintas actividades é posible inscribirse a través de santiagoturismo.gal onde tamén se atopa o programa detallado do Festival, os horarios e paradas do “Tren Cacharelo” e o listado das máis de 30 cacharelas públicas que se celebran neste ano, así como información de interese sobre os ritos e tradicións relacionadas co San Xoán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies