Santiago e Figueiras estarán unidos por unha senda peonil

0

Compostela, 3 de maio do 2021 – A Deputación da Coruña construirá unha senda peonil que una o núcleo urbano de Santiago coa parroquia de Figueiras.

O proxecto doi aprobado este venres polo pleno do organismo provincial. A senda peonil entre Santiago e Figueiras ten asignado un orzamento de 754.000 euros.

Os traballos ampliarán a beiravía dereita da estrada DP-7803. Esta obra permitirá pasar dos 80 metros actuais a 2,80 e deixar así espazo para unha senda de un metro oitenta e que a beravía gañe incluso vinte centímetros.

A estrada DP-7803 serve de acceso aos núcleos de poboación de Bar de Abaixo, As Moas de Arriba, Marmancou e Figueiras, no termo municipal de Santiago de Compostela. As obras abarcarán desde o inicio do vial ata o punto quilométrico 2+560.

A senda terá unha lonxitude de 2,5 quilómetros e conectará nalgúns tramos con camiños que se dirixen ou proceden do Monte Pedroso, nos que se rexistra un elevado número de camiñantes.

A nova senda executarase en mestura bituminosa en quente, un pavimento similar ao existente na actual calzada. En dous puntos nos que existen vivendas aproveitarase para construír beirarrúas de formigón con bordo.

As obras inclúen o retranqueo dos postes que soportan tendidos aéreos de telefonía, electricidade e alumeado público, a reposición de dúas acometidas de gas. Tamén colocarase unha nova sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade.

Tamén está prevista a reposición das cunetas e a mellora do sistema de drenaxe, con colectores de formigón, pozos de rexistro e sumidoiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial