A estrea de ‘Desconexión’ e as funcións nos centros socioculturais protagonizan Galicreques

0

Compostela, 14 de outubro do 2021 – Desconexión, a nova montaxe de monicreques de mesa de Títeres Alakrán será a protagonista do xoves no festival Galicreques.

A peza que se estrea en galicreques fálanos dunha familia hiperalienada pola tecnoloxía, que vive de costas á natureza. A chegada do avó ao fogar producirá un cambio nas súas rutinas. A nena, Carmela, descubrirá un mundo para ela descoñecida por mor do ensimesmamento tecnolóxico no que viviu toda a súa curta vida.

A obra estrearase ás 20.00 h para o público xeral no Teatro Principal, que acollerá ás 11.30 h. unha función escolar. Unha hora antes, ás 10.30 horas, a Fundación SGAE acollerá a outra representación para o público dos centros de ensino, que correrá a cargo da compañía ecuatoriana Titerefue y Titiritainas, que representará Diente de leche.

Ás 18.00 h., celebranranse de forma simultánea tres montaxes en centro socioculturais. Así, no da Trisca actuará Olga Abada, contacontos que na súa peza A viaxe de Maruxiña lle falará á cativada da diversidade a través da historia dunha osa de cor que vive nunha cidade habitada por osos brancos.  No Centro Sociocultural do Ensanche os salvadoreños Ocelot Teatro estreará a obra Te doy mis manos, montaxe que con movementos de mans e morionetas de luvas crea varios personaxes que contarán historias sobre o nacemento, a creación, a ecoloxía ou a familia. En Santa Marta, Habib Zhara e Valeria Rey Soto actuarán coa súa obra de sombras O día em que a Morte Sambou.

Por último, a Carpa da Alameda recibirá a Danthea Teatro, que representará a súa obra Cincenta, baseada no conto clásico homónimo. A compañía mestura o teatro de monicreques co teatro de actor para achegarlle esta historia ao público familiar.

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE continúa mañá xoves cun total de sete funcións (dúas delas escolares) repartidas polo Teatro Principal, a Fundación SGAE, a Carpa da Alameda e os Centros Socioculturais da Trisca, do Ensanche e de Santa Marta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial