займ срочно

Os Luns do Ateneo lembrarán o centenario da Bauhaus

1

Compostela, 26 de outubro do 2019 – O Ateneo de Santiago dedica a charla de este Luns ao centenario da Bauhaus, a escola que sentou as bases do actual deseño industrial e gráfico.

Este luns 28 de outubro o Arquitecto Carlos Almuíña impartirá a conferencia “Das Bauhaus (1919-1933). Conmemoración centenaria”. Almuiña será o encargado de ilustrar sobre esta institución, que se converteu nun movemento artístico de referencia internacional na arquitectura, a arte e o deseño e que foi forzada a pechar as súas portas ante a invasión nazi, provocando o exilio dos seus líderes.

A actividade desenvolverase, como habitualmente, a partir das 20h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago, permitíndose a entrada libre e gratuíta dende as 19.55h ata completar a capacidade da sala.

Carlos Almuíña ocupou diversos cargos directivos no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e ata maio de 2007 foi presidente da súa Delegación en Santiago (1999-2007). En equipo con Rafael Baltar Tojo e José Antonio Bartolomé Argüelles realizou os edificios dos Xulgados de Santiago, Vigo e Mondoñedo, o pavillón polideportivo do Colexio Peleteiro en Santiago e diversos proxectos de intervención no patrimonio arquitectónico histórico, como actuacións na Catedral de Santiago e nos Mosteiros de San Martiño Pinario e Carboeiro. Tamén son da autoría deste equipo as rehabilitacións dos teatros Principal de Santiago e da Beneficencia de Ortigueira e a reconstrución do Salón Teatro de Santiago. Sobre temas da súa especialidade colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, A Nosa Terra e nas revistas de arquitectura Jano e Obradoiro.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies