Compostela no parará a licitación dos quioscos pero prohibirá a venda de alcohol en eles

0

Compostela, 13 de outubro do 2021 – A licitación dos quioscos da Praza de Vigo e da Alameda non se paralizará pero o goberno municipal buscará unha forma para impedir a venda de alcohol.

O Partido Popular emitiu unha nota de prensa na que alertaba de determinadas imprecisións dos pregos e solicitaba a paralización do proceso. Os populares incidían no feito de que os artigos só recollían a prohibición de venda de alcohol aos menores de 18 anos.

Para o Partido Popular trátase ” dunha prohibición relativa, que lembra a que ten ocasionado unha situación complexa na nave 5 da Praza de Abastos, ao non excluír taxativamente a venda de todo tipo de bebidas alcohólicas”.

Para o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, trátase dunha demanda ex temporánea xa que a licitación está en marcha e non se pode parar. Bugallo engade que en todo caso coinciden co Partido Popular e buscarán un xeito de solucionalo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial