A oposición pide en Compostela un pleno etraordinario sobre o muro do Pombal

0

Compostela, 4 de novembro do 2021 – Os tres grupos da oposición en Santiago, Compostela Aberta, Partido Popular e BNG, piden un pleno extraordinario para debater a situación do muro do Pombal.

A oposición rexistrou unha solicitude conxunta na que piden o pleno para avaliar “a excesiva e inxustificada demora na execución da obra de consolidación do noiro do Pombal, desde o derrubo rexistrado en novembro de 2019”.

Os grupos consideran necesario aclarar que medidas se tomaron e cal é a situación real do muro. No Pleno Extraordinario que veñen de solicitar, reclamarán a convocatoria dunha Xunta de Voceiras na que o Goberno explique cal é na actualidade o nivel de seguridade e risco do noiro do Pombal; así como a constitución dunha comisión de estudo de carácter especial para que avalíe as causas da excesiva demora na execución das obras de consolidación do muro.

Por último, na sesión esixirase a máxima celeridade neses traballos, tanto na parte pública do noiro como na parte privada, para garantir a seguridade na circulación de peóns e vehículos na contorna.

Tdoso poñen o acento nos informes de risco e o tempo pasado desde que se emitiron ata que se tomaron medidas. Tamén falan da falta de coordinación do equipo de goberno en todo o que ten que ver con esta actuación. Poñen de exemplo a instalación dunha varanda na parte privada do muro que para o alcalde era provisional e para o concelleiro de obras definitiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial