займ срочно

A plataforma loxística de Meixonfrío un novo Peleteiro?

0

Compostela, 27 de maio do 2022 – O goberno municipal de Santiago aprobou inicialmente o plan especial para a plataforma loxística de mercadorías en Meixonfrío e pide á oposición que diga si a apoiará.

A diferencia do conflito de Peleteiro, en este caso ao goberno municipal bástalle con abstencións pero non sabe si as terá. O pleno que daría viabilidade ao proxecto celebrarase en outubro pero os veciños da zona xa presentaron mil firmas en contra da  plataforma loxística.

Finca na que estaría a Plataforma Loxísticahttps://goo.gl/maps/o4TBXyjKkABDc9779

Un modelo de futuro

Este modelo de reparto de “última milla” precisa de proximidade co espazo ao que serve, en este caso o casco vello. Un xeito de distribución no que España está á cola de Europa pese a que cada vez mías vilas o implantan. A patronal de loxística asegura que de aquí ao 2030 as entregas de última milla crecerán un 40%.

Desde o Goberno Central a aposta é tamén en este sentido e no pasado mes de abril modificaba a lexislación para que o excesivo peso das baterías dos coches eléctricos non supuxera un impedimento a hora de acceder a distintos espazos. Cidades como Valladolid, Vitoria ou Madrid aprobaron ademais normativas para impulsar o modelo de última milla nos seus cascos antigos e zonas de baixas emisións.

Compostela e catro millóns de euros

En este contexto o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, apela a posible perda dos catro millóns de euros que Europa aporta se non se fai realidade a iniciativa. Bugallo pediu aos grupos da oposición un exercicio de “sinceridade, colaboración e responsabilidade” para non perder os fondos, porque, engadiu, “estamos ante unha oportunidade histórica para o barrio de Meixonfrío e para a cidade”.

O Plan someterase agora a exposición pública polo que os veciños poderán presentar alegacións. Despois o “Plan especial de infraestruturas e dotacións” terá que ir a pleno para a súa aprobación definitiva. Será, case con toda probabilidade, sinalou o rexedor, no mes de outubro, xa que o 30 de novembro “teñen que estar adxudicadas as obras”.

Con estes prazos e un verán polo medio as negociacións coa oposición fanse urxentes. O BNG “considera inoportuno e falto de responsabilidade que o Goberno local continúe dicindo que vai instalar a Plataforma loxística de transporte de mercadorías en Mallou sen contar con que ten que haber unha mudanza no Plan especial e aprobala o Pleno de forma definitiva”, advertiu Goretti Sanmartín, portavoz municipal.

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro dicía no mes de abril que “O alcalde de Santiago goberna de costas á veciñanza, e cada vez é máis evidente que nada aprendeu dos grandes erros que cometeu no pasado por esa actitude soberbia e autoritaria”.

Pola súa banda o Partido Popular tampouco avanza o sentido do voto e esperará a ver as alegacións e o que sucede nos próximos meses antes de tomar unha decisión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies