Compostela, 23 de xuño do 2020 – O Partido Popular pide ao goberno municipal de Santiago que busque solucións para poder pagar con tarxetas de crédito nos autobuses urbanos sen esperar á nova licitación.
O rogo será presentado polo PP de Santiago no vindeiro pleno ordinario e incluirá ademais unha segunda parte na que se solicita que se tomen as medidas necesarias para seguir facilitando o uso e a recarga da tarxeta de transporte municipal.
Cambios de criterio
Ademais de esta petición os Populares farán unha pregunta sobre o cambio de criterio do goberno municipal sobre a información que se da sobre a nova licitación do servizo. En outubro do 2017 o pleno aprobou unha proposta do propio PP sobre a necesidade informar aos veciños dos detalles dunha futura ordenación do transporte público municipal antes de que se adxudicara o servizo. En aquela ocasión Compostela Aberta abstívose e toda a oposición apoiou a proposta.
Os Populares lembran que o propio portavoz socialista chegou a advertir naquela sesión do “problema” que supoñía licitar o servizo de transporte público sen contar co Plan de Mobilidade e afirmou estar “totalmente de acordo” en promover a participación e a opinión dos veciños que deberían “coñecer exactamente cantas liñas van ser eliminadas, cantas paradas van ser eliminadas, por que, como, onde…. todo iso vai ser necesario”.
O curioso é que o novo goberno socialista reproduciu en xullo do ano pasado o comportamento de Compostela Aberta en outubro do 2017; ante a mesma proposición do PO o Psoe abstívose saíndo a moción aprobada novamente. Por esta situación e ante a anunciada licitación do servizo prevista para as vindeiras semanas (“entre xuño e xullo”, segundo a concelleira de Facenda), o Grupo Municipal Popular preguntará ao Goberno de Sánchez Bugallo cales foron os motivos que lle fixeron mudar de opinión e mesmos darlle as costa a unha decisión aprobada no Pleno.