Compostela presentou os orzamentos 2022

0

Compostela, 10 de xaneiro do 2022 –  O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentaron o borrador de orzamentos para o 2022.

As contas da cidade para o presente ano ascende a 130.065.329, 19 euros, 5.045.251,42 euros máis que en 2021 (un 4,04%). O rexedor cualificou os orzamentos de “dignos”, adecuados “ás necesidades da capital de Galicia” e “absolutamente imprescindibles”.

As contas contan co apoio de Composatela Aberta polo que a súa aprobación está garantida. Bugallo destacou tamén o esforzo realizado en tres puntos: en primeiro lugar, no relativo ás partidas destinadas a “seguir apoiando aos sectores máis prexudicados pola covid: comercio, hostalería, turismo”; en segundo lugar, o incremento do gasto como consecuencia da posta en funcionamento dos novos servizos: “parques e xardíns, o Servizo de Axuda no Fogar, a limpeza e recollida de lixo ou a previsión en relación co transporte público”, enumerou; en terceiro lugar, Sánchez Bugallo fixo fincapé nos investimentos, que se concentran “nos barrios, nas parroquias e nos sectores sociais máis desfavorecidos”.

Dentro do capítulo de investimentos a concelleira de Facenda salientou “o importante incremento do gasto destinado ao ámbito rural”, dun 45,89%, pasando de 2.438.336,35 € no ano 2021 a 3.557.320,56 € no ano 2022, “dos cales 2.541.762,28 € se financian con recursos municipais e 1.015.558,28 € con fondos do plan provincial”. En este aspecto o alcalde destacou que se destinarán 841.000 euros para saneamento e 1 millón de euros específico ao mantemento dos viarios. No caso do ámbito urbano, o mantemento de firmes estará dotado con 1,1 millóns de euros. A ambas cantidades (1 millón no rural e 1,1 no urbano) súmanse os 750.000 euros previstos no contrato ordinario de mantemento, que tamén ve incrementada a súa contía con respecto ao ano pasado.

Sánchez Bugallo desgranou a partida de investimentos falando, entre outros puntos ddos seguintes:

– Dotación orzamentaria para respaldar os proxectos europeos aos que concurríu o Concello ou xa ten concedidos: algo máis de 700.000 euros.

– Actuación na zona de San Ignacio de Loyola: 911.740 euros.

– Diferentes actuacións en barrios: reurbanización da ruela das Salvadas (300.000 euros), da rúa Mallou (350.000 euros), da rúa Pombal (450.000 euros), da rúa Castrón Douro (420.000 euros), ou reparación e acondicionamento da avenida de Vilagarcía (125.291,75 euros).

– Actuación na rúa García Lorca (Vite): 750.000 euros.

– Intervención no parque de Bombeiros, que se concreta na achega de 520.000 para o acondicionamento do novo edificio (o 20% do orzamento global, parte que lle corresponde achegar ao Concello); e 544.809 euros para a adquisición de novo equipamento.

– Plan de Sostibilidade Turística: 700.000 euros.

– Renovación da cuberta do pavillón do CEIP Quiroga Palacios: 420.000 euros.

– Mellora e acondicionamento de diferentes instalacións deportivas: 1 millón de euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial