займ срочно

Compostela Rupestre licitará de forma conxunta a limpeza do patrimonio

0

Bisbarra, 4 de febreiro do 2022 – O mantemento e limpeza do patrimonio que trata de preservar Compostela Rupestre será licitado de forma conxunta.

Unha das iniciativas tomadas na anterior reunión de Compostela Rpuestre fora destinar 125.000 euros para a limpeza e desbroce inicial de todas as entidades patrimoniais (tres rutas que pasan por todos os concellos e a contorna dos petróglifos) implementando un sistema de xeolocalización e fichas de catalogación na web do proxecto.

Agora o colectivo decidiu optar por unha licitación conxunta que permita a calendarización dos traballos segundo as necesidades de cada entidade patrimonial, o número de elementos situados en cada concello e que, ao mesmo tempo, permita a optimización de recursos.

Unha folla de ruta clara

A limpeza e mantemento dos petróglifos, a compra de parcelas nas que se sitúan os xacementos en Monte Piquiño e a creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro) foran as tres primeiras iniciativas que a finais do pasado ano se decidiran implementar no proxecto do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre.

Na primeira xuntanza de traballo deste exercicio, a Deputación da Coruña e os cinco concellos con terreos integrados no parque (Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra) avanzaron nesta folla de ruta co obxecto de que estas tres accións vexan a luz nos vindeiros meses.   

Tras a xuntanza, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas indicou que “este é o inicio real da fase executiva deste proxecto, na que lle imos dar prioridade ás tres accións xa decididas na anterior xuntanza, e coa vista posta no obxectivo fundamental da preservación, protección e promoción dos petróglifos para que sexan visitables e accesibles a toda a cidadanía”.

Compra de parcelas e centro de interpretación

Sobre a compra das parcelas nas que se sitúan os petróglifos en Monte Piquiño, no Concello de Teo, propúxose que a xestión para a adquisición de terreos se realice baixo a fórmula da expropiación. Concretamente para a compra das parcelas en Monte Piquiño o orzamento destinado ascende a 50.000 euros.

Por último, tamén estaba acordado destinar 150.000 euros á creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro) empregando a antiga escola unitaria do lugar de Villestro, en Santiago de Compostela, escollido pola súa situación central e ben comunicada entre os cinco concellos que compoñen o parque. Esta era unha das propostas recollidas no Plan Director que ademais indica que este edificio se sitúa na contorna inmediata dun petróglifo accesible para as visitas, e propón tamén a musealización e recreación dun poboado da Idade do Bronce.

Convén lembrar que estas accións están recollidas no Plan Director do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, redactado pola empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L. e que fora presentado no último trimestre de 2021. Este Plan reúne un catálogo de 144 entidades patrimoniais, define 67 contornas de protección e describe de modo exhaustivo o total de petróglifos do Parque de Compostela Rupestre combinando o traballo de documentación e investigación, co emprego da tecnoloxía SIX (Sistema de Información Xeográfica).

Na vindeira xuntanza de Compostela Rupestre está previsto que se materialice o cambio de presidencia do Consello Director que pasa a ser asumida polo Concello de Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies