Compostela, 30 de outubro do 2019 – A noite de Samaín de este ano terá unha compoñente cómica na sala Riquela coa estrea do espectáculo Imprómicas de Remolacha Producións.
Imprómicas é o que o nome indica, un formato que reúne a improvisación e o monólogo. O formato será defendido por 4 mulleres con diferente formación e percorrido no mundo das artes. Elas son Antía Costas, actriz, cómica e pandereteira; Cata Ukelele, monologuista e con formación en artes plásticas e escultóricas; Dj Jackinsane, cómica, ilustradora e artista en si mesma e Gala-Martínez Romero, xornalista en proceso de reconversión a actriz e cómica.
Según din será “unha noite de risas na que divertirse con temas de actualidade, parvadas varias, temas importantes, outros completamente irrelevantes e se a cousa anímase poida que ata algunha canción…”
As entradas xa están á venda no local ( Riquela – Preguntoiro, 31).
Remolacha Producións nace en setembro de 2019 e é unha produtora capitaneada pola xornalista e actriz Gala Martínez-Romero. Remolacha cre que a arte nos fará libres e que se hai algunha maneira de cambiar o mundo esta pasa polos escenarios.