Segunda edición de Compostela Somos Cultura

0

Compostela, 21 de outubro do 2021 – A oficina de Promoción Económica do concello de Santiago impulsa a segunda edición de Compostela Somos Cultura.

O evento forma parte do programa “Compostela Móvese 2021”. Os principais obxectivos de Compostela Somos Cultura é apoiar o tecido cultural da cidade , descubrir novos talentos; e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local.

Na presentación celebrada este mércores participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Inés Portela, coordinadora da comunicación e da produción audiovisual da campaña; Xacobe Martínez Antelo, coordinador artístico e de contidos; e Carme Casado, técnica responsable da oficina de Promoción Económica.

Nesta segunda edición participan case 50 artistas, con accións puntuais en diversos espazos de Santiago. Desde o 10 de outubro véñense realizando distintas gravacións que agora se editarán para lanzar nas redes sociais. Son, segundo sinalou a concelleira de Acción Cultural, “como anuncios” promocionais de Compostela.

Até o de agora graváronse cinco das sete intervencións culturais programadas, todas elas de diferentes disciplinas artísticas. Está previsto, segundo informou Xacobe Martínez, que se comecen a publicar en internet na última semana de outubro. Utilizaranse catro redes sociais: Youtube, Facebook, Twitter e Instagram.

 

Mercedes Rosón sinalou que con esta iniciativa “pretendemos xerar consciencia da cultura como ben esencial, transmitir o atractivo dos valores da cultura local compostelá e incentivar o consumo dos seus produtos e servizos”. Para acadar estes obxectivos, ademais de difundir e promocionar artistas locais, vanse realizar nove sorteos de produtos e servizos culturais, entre as persoas que participen, a través das redes sociais, no programa Compostela Somos Cultura. Segundo explicou Inés Portela, haberá dous sorteos de material cultural (libros, música, películas, etc.) valorados en 250 euros, e outros cinco de 120 euros vinculados aos microeventos.

Pola súa banda, Carme Casado destacou a variedade de oferta e presenza da industria cultural na cidade; e a “vinculación do sector con outros tan importantes como o pequeno comercio, a hostalería, o turismo, a educación e os servizos avanzados a empresas fan da promoción da industria cultural un obxectivo irrenunciable nos programas municipais de apoio á actividade económica. Lembrou ademais, que “calquera empresa cultural de Compostela e a súa contorna pode contactar coa concellaría de Promoción Económica, a través da web www.cersiaempresa.gal; para formar parte do catálogo de empresas culturais da oficina de Promoción Económica. Carme Casado rematou a súa intervención animando a cidadanía a consumir “cultural local de Coompostela”, para “consolidar un sector económico, o das industrias culturais e creativas, clave para un desenvolvemento ecnómico equilibrado, con identidade propia e raíces no territorio”, pero tamén innovador.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial