Compostela ten en marcha máis de 30 obras

0

Compostela, 23 de setembro do 2021 – A cidade de Compostela ten en marcha máis de 30 obras que supoñen un investimento superior aos dez millóns de euros.

Os procesos de tramitación na administración teñen uns tempos que fan que durante meses non se afronte nada para de repente todo se poña en marcha. É o que está a suceder en Compostela. De estas actuacións falaban onte en rolda de prensa o concelleiro de obras, Javier Fernández, que desmentía a idea de que non hai unha planificación “falamos con feitos, e póñome a disposición tanto da oposición, como da veciñanza, para explicar calquera proxecto”.

En execución e licitación

Javier Fernández dou conta do gran volume de obras que se están executando na cidade, e das que están en licitación. Actuacións que son posibles, sinalou porque “este goberno está a traballar, está coordinado, e planifica”. O resultado desta planificación vese nos “datos e feitos” que contrastan, sinalou, coa intención da oposición “de crear problemas onde non existen”.

Fernández agradeceu tamén a paciencia e comprensión da veciñanza, “o gran traballo que está a facer a brigada”, así como a colaboración doutros departamentos do Concello; e o labor do persoal de Obras. Sen o seu traballo, engadiu, estas actuacións non serían posibles

O concelleiro describiu as actuacións máis importantes que se están levando a cabo, 13 delas con cargo a remanentes. A previsión, sinalou, é que esas obras se executen antes de que remate o ano.

Entre as obras en execución, o concelleiro destacou a reurbanización da rúa dos Concheiros, cun orzamento de 2.651.608,87 euros. Respecto destas actuacións indicou que hai un cambio nas telecomunicacións e no saneamento de pluviais  que apareceron a posteriori, que non estaban contemplados.

A reurbanización da rúa do Hórreo na fronte da estación Intermodal, cun orzamento de 610.000 euros. O arquitecto xefe do servizo de Proxectos e Obras, Antonio Ranedo, explicou o desenvolvemento dos traballos e sinalou que cando levantaron o pavimento, a sección construtiva que apareceu non se correspondía cos planos aportados por Demarcación de Carreteras, e “estamos axustando un pouco esa sección”. 

Tamén, dixo, “mativemos reunións con Adif para darlle continuidade a esa beirarrúa coa plataforma que eles van construir, para xerar aí unha praza”, Estas axustes, indicou, “son habituais conforme se avanza nunha obra, sobre todo nas situadas en espazos urbanos consolidados”.

A urbanizacion da ZL-75 do PERI de Fontiñas, na rúa Valiño, cun orzamento de 165.876,26 euros; o acondicionamento do aparcadoiro de Altiboia, cun orzamento de 208.907,95 euros; o acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño, cun orzamento de 335.474,56 euros; ou

a mellora da accesibilidade ao Pazo de Raxoi, cun orzamento de 40.536,45 euros, son outros dos traballos aos que se referiu o concelleiro.

Das obras en proceso de licitación, Javier Fernández citou, entre outras,  a rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, cun orzamento de 1.425.922,90 euros; a reforma do muro do Pombal, cun orzamento de 368.639,87 euros; a rehabilitación do Centro Sociocultural Salvador Parga, cun orzamento de 282.030,62 euros ou a rexeneración asfáltica dun tramo da Vía Edison, cun orzamento de 120.000 euros.

Tamén falou da rexeneración asfáltica na cidade, divida en dous lotes de 390.000 euros e de 430.000 euros e da accesibilidade en diversos puntos da cidade, cun orzamento de 247.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial