Compostela, 16 de novembro do 2020 – Turismo de Santiago participa ao longo de este mes nunha campaña de promción dirixida aos mercados británico, italiano e francés.
A iniciativa “SpainBox” parte do Spain Convention Bureau. Compostela participa por medio do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB) buscando posicionarse en estes 3 mercados estratéxicos para a cidade.

Imaxen de 272447 en Pixabay
O obxectivo é mostrar a cidade como un destino de calidade para a celebración de eventos e incentivos empresariais unha vez se supere a crise sanitaria xerada polo Covid-19, con gran impacto no sector de Congresos, Eventos e Xornadas, e poda recuperarse a mobilidade normal entre países e rexións.
Santiago conta cunha oferta que se adapta ás necesidades do segmento corporativo. É unha cidade Patrimonio da Humanidade, destino final do Camiño de Santiago. Conta cunha amplia e variada disponibilidade de sedes ou auditorios para eventos, así como con espazos singulares repletos de historia, como mosteiros ou pazos. Conta ademais cunha ampla oferta cultural e unha gran gastronomía, con produtos de temporada de gran calidade.
A acción divídese en tres xornadas, unha para cada mercado. A primeira xornada celebrouse o 12 de novembro. Estivo dedicada ao mercado francés. Participaron 16 destinos españois, sendo Santiago o único galego. A segunda xornada, cara ao mercado italiano, celebrarase o 24 de novembro. E a terceira, pensada para ao mercado británico, será o 26 de novembro.