Concentración ante o Centro de Saúde de Noia pola falta de persoal

0

Noia, 17 de setembro do 2021 – Na tarde de onte CIG Saúde de Compostela concentráronse diante do Centro de Saúde de Noia pola falta de persoal.

Desde o sindicato explican que o centro de Noia tiña un substituto que estivo ata as sete da tarde, a partir de esa hora o local quedou baleiro.  

Segundo explica Xavier Alvedro, no centro de saúde de Noia, na quenda de tarde, hai 2 cupos, un deles de baixa laboral e sen cobertura dende hai máis dun ano. “O cupo que queda, colle vacacións este mes até mediados de Decembro e está cuberto, na actualidade, con coberturas de xornada, de maneira extraordinaria, por outros profesionais doutros centros de saúde”.

Alvedro afirmou que, como sucedía onte pola tarde, varias veces á semana, queda descuberto o cupo ao rematar a xornada laboral ás 19:00 horas, polo que entre as 19:00 e as 21:00 horas, non hai asistencia médica ordinaria no centro de saúde de Noia”.

O representante da CIG-Saúde denuncia que, por mor desta situación, as urxencias son vistas no PAC, sobrecargando ás/aos profesionais deste dispositivo de Urxencias. Alvedro incide ademais en que o servizo do centro de saúde de Noia, ao ser cabeceira de comarca, debería contar con todos os efectivos ao 100%.

Peche total da unidade de saúde mental

Lembra que a CIG-Saúde de Compostela xa denunciou, no mes de Setembro, “o peche total da unidade de Saúde Mental de referencia para a comarca, ao gozar das vacacións as e os profesionais no mes de Setembro e ao non se cubrir ningún posto de traballo dentro desa unidade.

Xunto a isto, recorda que tamén foi denunciada a ausencia da Pediatría e que “se estaba producindo un aumento de carga de traballo para a única Pediatra dispoñible na zona, como é a de Lousame, ao estar o de Outes tamén de vacacións”.

Por iso, a CIG-Saúde de Compostela reclama que, de inmediato, se resolva esta situación dotando os centros de saúde da área sanitaria de persoal suficiente, para garantir a atención ás e aos doentes, e que non queden desatendidos nin os centros de saúde, nin ningunha unidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial