Concentración veciñal diante da subestación eléctrica de Padrón

0

Padrón, 23 de xullo do 2021 – Veciños de Padrón reuníronse diante da subestación eléctrica para mostrar a súa preocupación polo proxecto de ampliación.

A convocatoria realizada polo BNG recibiu apoio dos veciños máis próximos á ubicación da subestación. Durante a concentración puideron comprobar cun medidor de campos electromagnéticos, os niveis eléctricos e magnéticos no lugar.

O membro do BNG, Marcos Andújar, explicou á veciñanza que noutros países do noso entorno, e en moitos concellos de España, se está a lexislar para limitar a potencia dos campos electromagnéticos nas áreas residencias, polos posibles efectos nocivos destes sobre a saúde.

O nacionalista mencionou distintos casos semellantes ao da subestación de Padrón donde se proxectaron traslados de estas instalacións para sacalas das contornas urbanas.

Bea Rei, voceira do Bloque no concello, e a deputada no Parlamento de Galiza, Iria Carreira, explicaron as iniciativas que propoñen para Padrón. Rei recordou que o BNG leva anos demandando no Pleno do Concello o traslado da subestación eléctrica de Padrón ante o prexuízo sobre a saúde que provocan os ruídos, vibracións e radiacións electromagnéticas na veciñanza dada a proximidade coas vivendas, e a limitación urbanística que implica.

A respecto desta ampliación de potencia, Bea Rei explicou que o BNG solicitou a celebración dun Pleno Extraordinario para tratar a cuestión e demandar unha posición activa do Concello contra este proxecto. Explicou que “se a anterior actuación da suposta “blindaxe da subestación foi motivo de alegacións polo Concello, polo prexuízo que causaba, esta ampliación de potencia, que é moito más grave, esixe unha actuación contundente e decidida por parte do Concello”.

Bea Rei manifestou que “o BNG non vai tolerar as trampas da empresa para saltarse os trámites administrativos en canto a licenza municipal e autorización ambiental”. Tamén avisou ao goberno municipal do P.P. que “non pode agocharse do problema, e que o seu deber é atender as necesidades e intereses dos veciños, non os da empresa”.

A deputada, Iria Carreira, anunciou aos veciños que no prazo más breve posible presentará unha iniciativa parlamentara para, en primeiro lugar, revocar a autorización de ampliación da subestación que fixo a Consellería de Industria, de costas aos veciños de Padrón e ao propio Concello, así como que se inicie o proceso para o cambio de localización da subestación.

Carreira, recordou que as reformas de procedementos administrativos que está a facer o P.P. van sempre a favor dos intereses das grandes empresas, facilitándolles a tramitación dos seus proxectos e facendo os procedementos cada vez máis opacos aos veciños.

Ás preguntas e cuestións expostas polos veciños presentes na reunión, Bea Rei deu resposta explicando a posición do BNG, de que é preciso paralizar esta ampliación e abrir un estudo para o traslado da subestación ao tempo que se lle esixa a Naturgy a que tome, de xeito inmediato, as medidas precisas para eliminar a afectación na saúde que o ruído e as vibracións está a provocar na veciñanza próxima á subestación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial