займ срочно

Ducias de concesións hidroeléctricas caducadas nos ríos da bisbarra

0

Bisbarra, 15 de febreiro do 2022 – Un informe de augas de Galicia desvela as concesións hidroeléctricas caducadas nos ríos de Galicia.

Son en total 58 e bastantes delas en ríos da bisbarra de Compostela, desde Melide a Silleda ou a Barcala. Unha información que grupos ecoloxistas levaban tempo pedindo que fora pública.

Queixas ante a Unión Europea

O informe de Augas de Galicia chega despois de numerosas queixas de grupos ecoloxistas ante a Unión Europea. Organizacións como Rios con vida apelaban ao dereito de acceso a esa información que acaba de ser desvelada.

Según o informe presentado son 58 concesións as que en Galicia estarían en situación de ser recuperadas. A caducidade pode producirse por finalización do tempo outorgado, por renuncia expresa do propietario da mesma ou por incumprimento das condicións da concesión o que implicaría a expropiación forzosa.

Recuperar os ríos

Augas de Galicia tivo que responder no informe sobre que ten pensado facer coas infraestruturas das concesións extinguidas pero non está nada claro.

O organismo autonómico recoñece que é un tema que está sobre a mesa “a extinción das concesións hidroeléctricas é unha cuestión complexa, que se está desenvolvendo na Administración hidráulica de Galicia, e que esixe unha análise en profundidade e caso a caso”.

Engádese que non hai unha solución única e que cada caso ten que ser analizado, pero que as decisións que se tomen “estarán guiadas polo interese xeral, atendendo en cada caso concreto á súa rendibilidade social, patrimonial e cultural”.

As organizacións seguirán vixiantes

Ríos con Vida explica que “ante a falta de concreción de Augas de Galicia será necesaria unha acción sostida de vixilancia”. Denuncian tamén que estas infraestruturas supoñen unha alteración medio ambiental e o seu estado en moitos casos pode supoñer un risco.

Nos ríos da bisbarra de Compostela hai varios casos de caducidade por distintas razóns. Algúns exemplos son os seguintes, aínda que hai máis.

En Silleda durou só tres anos, do 2005 ao 2008, a concesión do Rego da Cervañiña á que acabou renunciando a empresa Hidroeléctrica de Bandeira. Sen embargo a Central Electrica de Ponte Taboada cerca de Bandeira,

CH Ponte Taboada II cerca de Bandeira no río Deza data de 1934 e caducou no 2009 por incumprimento e interrupción da explotación durante máis de tres anos consecutivos.

Cerca da Baña está o río Albariña, un afluente do Barcala no que se sitúa a CH de Sardín. Foi outorgada no 2001 e caducou no 2009 por incumprimento do condicionado concesional.

Máis antiga é a CH de Batán no río do mesmo nome, en Negreira, cunha concesión que data de 1920 e que caducou no 2002 por interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos.

Unha das máis antigas situase no río Furelos, cerca de Melide. Tratase da Central hidroeléctrica de Richinol e data de 1907. Caducou no 2001 polo que leva máis de 20 anos en esta situación. O motivos foi tamén a interrupción da actividade durante máis de tres anos consecutivos por causas imputables ao titular da explotación.

Son exemplos dalgunhas das 58 concesións caducada en toda a comunidade e que poderían recuperarse e devolver os ríos ao seu estado natural, sen interrupcións artificiais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies