Concheiros comeza a descubrir a súa nova imaxe

0

Compostela, 1 de setembro do 2021 – Compostela comeza co formigonado da rúa Concheiros co que os veciños comezarán a descubrir a nova imaxe da zona.

Este martes o alcvalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou as obras de Concheiros acompañado polo concelleiro do ramo, Javier Fernández, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

A reforma ven de rematar a fase de reposición de servizos co que xa pode ser formigonada a rúa. O alcalde espera que “os veciños comecen a notar unha maior facilidade nos accesos” e lembrou que o 10 de setembro é a data prevista, se non falla nada, para retomar a circulación en Concheiros.

O final

Sánchez Bugallo considera que se comeza a ver o final da reforma que se fixo en tempo récord “segundo o proxecto inicial a previsión é que durara 18 meses e levamos apenas 8 e xa se está vendo como vai quedar o final”. O rexedor lamentou as molestias ocasionadas á veciñanza pero “comprobamos tamén como os veciños ven con satisfacción como a obra comeza a coller forma e as incomodidas se empezar a reducir”.

O concelleiro de Obras, Javier Fernández, recalcou o complexo da actuación en Concheiros e fixo fincapé en que “día a día se vai avanzando” para minimizar as molestias e dar solución aos habitantes e aos colexios da zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial