Confírmase a moción de censura na Baña

0

A Baña, 26 de novembro do 2021 – Confírmase a moción de censura na Baña, impulsada por Compromiso por Galicia e o Partido Popular contra o socialista José Antonio Pereira.

Como informábamos esta mañá a entrada dunha nova concelleira de Compromiso x Galicia parece ser o detonante de esta moción de censura. Algunhas fontes apuntan que non todos os membros da lista de Compromiso estaban de acordo con esta medida.

O alcalde, José Antonio Pereira, non entende como un partido de esquerda pode facer isto

A relación entre os socialistas e Compromiso foi tensa desde o primeiro momento. Un dos puntos de máis discrepancia foron os soldos do equipo de goberno que chegou a estar 4 meses sen cobrar. Cesar Ramos, voceiro de Compromiso, dicía no 2019 que apoiaran ao José Antonio Pereira como alcalde porque non querían que siguera unha pesoa que estivera 24 anos gobernando

Lindeiros quixo coñecer esta semana si seguían tendo esa postura o apoiarían unha moción de censura pero Cesar Ramos considera que “lindeiros é un medio parcial” e declinou a invitación a explicar o seu punto de vista.

Co voceiro do PP, Andrés García Cardeso, foi imposible contactar ata o momento. Queda por saber si fiscalía abrirá unha investigación polo presunto delito de falsidade documental que contábamos hai uns días, e a postura que terá sobre este tema unha vez sexa elixido alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial