Consenso en Compostela para impulsar unha sociedade que controle a actividade urbanística

0

Compostela, 26 de novembro do 2021 – O Pleno de Compostela aprobou o estudo da  creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística.

Aínda que cada grupo pon os seus matices hai bastante consenso sobre a utilidade de esta sociedade.A iniciativa aprobouse cos votos a favor do grupo municipal socialista e do BNG e coa abstención de CA e PP.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu a proposta, que tamén aprobou a constitución da Comisión Especial encargada da elaboración da Memoria Xustificativa e Proposta de Estatutos. Estará integrada por un representante de cada un dos grupos municipais, un representante do departamento de intervención, e o secretario do Concello. Para o mellor desenvolvemento do seu labor, a Comisión Especial poderá contar cos asesoramentos técnicos que considere necesarios que terán carácter público e cuxos informes serán incorporados ao procedemento.

Declaracións institucionais

O pleno comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista.

Todos os grupos da Corporación aprobaron dúas declaracións institucionais. A primeira, expresando o compromiso do concello de Santiago na loita contra a fraude e a corrupción, un trámite necesario para poder xestionar os fondos Next Generation da Unión Europea.

A segunda é a adhesión á “Rede de cidades españolas comprometidas coa hepatite C”. A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, agradeceu o apoio á iniciativa, da que destacou, suporá un avance na loita contra unha enfermidade que beneficiará, especialmente, ás persoas máis vulnerables.

Propostas

Saiu adiante a modificación da “Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público”, que introduce o pago fraccionado dos seguintes tributos: Imposto de Bens Inmobles (IBI), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto de Actividades Económicas (IAE) e as taxas de utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público, como vados, cadeiras, tribunas, quioscos, e outros elementos.

Segundo explicou a concelleira, Marta Abal, con esta medida as persoas contribuintes poderán distribuir o pagamento dos tributos ao longo do ano en tres, cinco, e nove cotas, a elección da persoa solicitante cando se adhira ao sistema.

Partido Popular

Foi aprobada a moción presentada por María Castelao, do Partido Popular,  para que o Goberno local atenda as peticións da veciñanza e arranxe as cuestións pendentes das obras de reurbanización do barrio de Vista Alegre, como ocultación do cableado, e se reforme o parque infantil.

Tamén foi aprobada a proposición presentada polo voceiro popular, Alejandro Sánchez-Brunete, para que o Goberno local proceda a axilizar a tramitación das licencias e as comunicacións previas en materia de Urbanismo, tal como o permite a nova Lei de simplificación administrativa de Galicia

BNG

O BNG trasladou ao Pleno unha moción para dotar dun espazo alternativo de aparcamento para a veciñanza de Ultreia e do barrio da avenida de Salamanca, tendo en conta a previsión de suspensión de prazas coas obras de accesibilidade e humanización. 

Así, propuxo ampliar os prazos para poder presentar alegacións formais ao documento do estudo de detalle e que estas se poidan realizar despois de que exista unha xuntanza aberta con representación tanto técnica como política do goberno municipal, onde se expoñan os detalles do proxecto e onde se poidan resolver as dúbidas pertinentes.

Ademais, atenderase e darase resposta ás alegacións presentadas pola recentemente constituída Plataforma Ultreia, que recolle medidas como iniciar os trámites para declarar todo o ámbito como Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU), habilitar axudas para a redacción e execución dos proxectos de elevadores e ramplas e incorporar ao conxunto da reflexión urbanística o tramo máis próximo á Avenida Xoán XXIII. Aprobouse por unanimidade, agás no punto de ampliar os prazos en que o PSOE se abstivo na votación.

Compostela Aberta

O pleno rexeitou unha proposta de Compostela Aberta para impulsar unhas novas instalacións para os bombeiros antes de avanzar na construción da nova cidade administrativa de San Caetano.

i foi aprobada  a proposición de CA sobre a implantación da taxa turística e a .proposta para a protección do comercio na cidade vella.

Outros temas

Denateronse en conxunto distintas propostas da oposición sobre a recollida de lixo. Aprobouse reclamarlle a empresa que mentres non se adxudique o novo contraro cumpra co acordado no vixente e mellore a recollida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial