Continúan as restricións

0

Compostela, 16 de febreiro do 2021 – A Xunta anunciou onte que as restricións seguirán nun nivel “máximo” con fin de “consolidar a melloría alcanzada nas últimas semanas”

As restricións anunciadas onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, deixan sen embargo seis portas abertas a outras tantas áreas sociais.

Na educación `ponse data, 22 de febreiro, ás clases presenciais en ensinanzas especiais como os conservatorios de música e danza, e escolas de idiomas. Só queda fora de esta medida “a práctica de instrumentos de vento e de canto que os expertos piden aprazar de momento”. A Universidade tardará un pouco máis xa que volverá ás clases o 1 de marzo e previamente farase un cribado.

Desde este mércores o comercio recupera o horario habitual. O aforo mantense nun 50% pero mantense tamén o peche dos centros comerciais na fin de semana.

En deporte engádese ao deporte ao aire libre, que xa estaba permitido, a reapertura das instalacións deportivas ao aire libre para a práctica deportiva individual; e retómase, tamén, a competición federada autonómica.

Apertura de restauración nas áreas de servizo

Despois da polémica sobre a necesidade dos transportistas de dispoñer de lugares onde comer Feijoo anunciou a apertura do interior dos restaurantes das estacións de servizo nas vías de altas prestacións. Os transportistas en calquera caso terán que acreditar a súa condición coa tarxeta profesional e comer sós.

Apertura nas residencias e na cultura

Por último, Feijóo anunciou que se volverá a permitir a actividade cultural coas seguintes limitacións: retomarase a actividade en bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións e outros equipamentos culturais, cun 30% de capacidade máxima permitida; e tamén se retomarán as actividades en cines, teatros e auditorios, coa mesma limitación de aforo.

No que atinxe ás residencias, o titular da Xunta confirmou que naquelas nas que se completase o ciclo da vacina hai dez ou máis días, as visitas pasarán de ser unha por semana a tres por semana, con dous familiares de referencia. E, no caso dos centros de discapacidade, retomaranse as saídas a fin de semana, sempre que pasasen 10 días desde que o usuario recibise a segunda dose da vacina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial