Control das colonias de gatos de Ames

0

Ames, 28 de setembro do 2021 – O concello de Ames pon en marcha unha campaña de control das colonias de gatos de Bertamiráns según o protocolo CES de captura, esterilización e solta.

O Plan desenvólvese en colaboración co Refuxio de Cambados e coa axuda das voluntarias que se encargan da alimentación, o coidado e a vixilancia das colonias. Ademais da esterilización, o programa aproveita a captura para desparasitar aos animais. As colonias de gatos de Bertamiráns están instaladas nas rúas Poeta da Maía, Rueiro, Rosaleda, nos solares próximos a Escola Infantil da Galiña Azul e na Aldea de Castrigo.

O plan CES de captura, esterilización e solta, comezou a aplicarse en Ames a finais do mes de agosto. Até o momento capturáronse ao redor de 50 exemplares que ademais de ser sometidos ao proceso de esterilización, foron desparasitados. Agárdase nesta ocasión poder actuar sobre ao redor dun cento de felinos.

Raquel, Begoña, Andrea, Ada, Lolita e Laura, son as voluntarias que decotío vixían as colonias e as alimentan “Temos moito que agradecer a estas mulleres que, de xeito altruísta, se encargan da vixilancia e o coidado das colonias”, manifesta o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens.

O concelleiro aproveita para facer un chamamento á poboación para conseguir máis persoas que se ocupen deste cometido “Precisamos máis voluntarios e voluntarias que nos axuden a que as colonias de gatos, tan necesarias porque contribúen a manter a raia outras especies urbanas como ratas e ratos, non se descontrolen e supoñan, no canto dun beneficio, un problema”.

As colonias felinas descontrólanse fundamentalmente pola reprodución incontrolada e a gran capacidade de procreación dos gatos e polo abandono de exemplares. Neste senso o concelleiro lembra a necesidade de ser responsables cando se ten un animal na casa “desgraciadamente acontece demasiadas veces que o animal doméstico é un agasallo e cando nos cansamos del abandonámolo; isto no caso dos gatos non fai outra cousa que agravar o problema”.

Calquera persoa que desexe colaborar como voluntario no coidado das colonias, pode dirixirse ao departamento de Medio Ambiente que está na Casa de Cultura de Bertamiráns ou chamar ao teléfono 689 772 033.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial